miércoles, 21 de mayo de 2014

Van Gogh introdúcenos noutras artes!

Neste novo post trataremos de explicar de xeito breve e sinxelo, como se relaciona o noso álbum ilustrado coas diferentes artes.
Ramos (2007) nun artigo sobre “La difusión del arte a través de la literatura infantil en España”, fai referencia a como xorde na literatura actual o tema artístico nas obras para nenos e nenas sobre todo, grazas ao protagonismo que a imaxe foi alcanzando nos álbumes ilustrados co tempo. Neste tipo de libros a imaxe cobra maior liberdade, deixando de depender totalmente do texto e incluso, en ocasións, carecendo del. É un tipo de libro que presenta unha estética moi variada con numerosas innovacións gráficas que proceden do deseño, a publicidade, o cine, o cómic e sobre todo da pintura; como acontece no noso caso.
O noso albúm ilustrado, Un cadro de Van Gogh, presenta de maneira sinxela cada fragmento con textos curtos ou historias relacionadas cos obxectos a través das distintas partes do cadro, “A habitación de Van Gogh en Arles”. A través deste libro puidemos ver como Van Gogh, pintor impresionista, cubre de simbolismo as cores e as formas, ademais de contar  interesantes datos da súa vida. Pensamos que a viveza mediante a cor e o movemento que presentan os seus cadros é unha das principais razóns que fai que sexan os predilectos por parte dos nenos e nenas. 
Como puidemos observar, os libros de arte para nenos e nenas introducen aos máis pequenos na materia e fomentan o seu gusto polo arte, ademais de educar a mirada. O arte alimenta e esperta o interese de igual maneira que a lectura, promovendo a sensibilidade artística expandímola mente e as emocións de maneira creativa. Os nenos e nenas aprenden a través dos sentidos e, o arte está directamente relacionado con eles; porque non só están educando a mirada senón que están aprendendo a xerarse preguntas, a dubidar, en definitiva, a expandirse emocional e intelectualmente.
Para finalizar, gustaríanos acercarvos a outras obras similares a anteriormente descrita e que espertaron un gran interese nas distintas compoñentes do noso grupo.
O primeiro deles é un vídeo que se atopa en youtube da colección Baby Einstein , que fai referencia a obra de Van Gogh mediante diferentes imaxes da súa obra e o ensino das cores. Combina escenas de vídeo baseadas nas preferencias visuais coñecidas da primeira infancia coa estimulación auditiva.


Centrándonos en libros queremos destacalos seguintes:

A colección de Faktoría K de Libros que presenta de maneira singular cada cadro e explora o universo pictórico de cada obra. Cada libro é unha pequena venta que amosa os recunchos dos cadros mais famosos da Historia da Arte.



Los niños del Prado, de Miguel Ángel Pacheco. Este libro supón un primeiro acercamento dos mais pequenos ao mundo da pintura a través dos nenos que os artistas inmortalizaron nos seus cadros. Unha guía para nenos que é un xogo, o xogo de coñecer o Museo do Prado.

Salvador Dalí, píntame un sueño., de  Montserrat Gisbert i Navarro. Unha excelente e variada representación das súas obras (mais de 40) e fotografías de familiares e amigos aproximan ao lector ao lado mais humano e creativo do artista e, por extensión, do arte surrealista.


Gaudí para niños, de Marina García Gurevich. A obra propón un acercamento á figura do arquitecto modernista Antoni Gaudí. Estruturándose en varios apartados: catro bloques iniciais temáticos, unha cronoloxía biográfica, oito propostas de xogo e, finalmente, unha pequena explicación sobre a súa presenza en Barcelona coa localización das obras no plano da cidade.

 

Para finalizar este post gustaríanos que lle votases unha ollada á seguinte guía, elaborado polo Departamento de Educación do Museo Thyssen-Bornemisza e o Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, que presenta unha selección bibliográfica cun amplo abanico de libros infantís e xuvenís relacionados coa pintura, complementada con bibliografía dirixida ao adulto.


REFERENCIAS:

Ramos, E.M. (2007). La difusión del arte a través de la literatura infantil. Revista cultural y científica: Isla de Arriarán, 30, 223-255. Recuperado de http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3045553



Díaz Rodríguez, Laura
Fernández Regueiro, Carmen
Lamas Ogaza, Antía

No hay comentarios:

Publicar un comentario