INTRODUCCIÓN
A continuación presentamos unha proposta didáctica, este proxecto vai estar baseado na vida e nas obras do autor Vicente Van Gogh, un dos autores máis importantes na arte postimpresionista, e partir del realizaremos diversas actividades creativas, divertidas e interesantes de realizar. Este proxecto estará dirixido a nenos/as de Educación Infantil, concretamente entre 4 e 5 anos.
Consideramos que é un pintor moi apropiado para traballar cos nenos/as, xa que posee gran colorido nas súas obras e representan a realidade que viviu o autor naquel momento, polo tanto consideramos que son aspectos moi relevantes para traballar nun aula.
As obras que empregaremos axudarán aos alumnos a desenrolar a creatividade e imaxinación e conseguirá que entren nun mundo de fantasía.

TEMPORALIZACIÓN
A duración deste proxecto será de aproximadamente tres semanas,
empregando 4 horas ao día, Os contidos e as actividades estipuladas neste
proxecto, distribuiranse dependendo da atención e a concentración do
grupo-clase , que requiran para su desenvolvemento
OBXECTIVOS
Os obxectivos que pretendemos conseguir con esta proposta didáctica son os seguintes:

- Ser capaces de divertirse á vez que experimenten co arte.
- Coñecer a este magnífico pintor, Vicente Van Gogh.
- Desenvolver a creatividade e a imaxinación
- Observar e coñecer que é un autorretrato, identificar sos seus rasgos particulares.
- Describir as escenas dos cadros, demostran o coñecemento do contorno, tanto de paisaxes como de obxectos cotiás.
- Empregar a técnica da cor de Van Gogh (cores fríos e cores cálidos).
- Empregar a linguaxe artística para pintar e plasmar debuxo
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
O
primeiro paso do noso proxecto será a observación da lámina que ven ao final do noso conto. Neste primeiro día de experiencia, cando o alumnado
chegue o aula verá pegada no corcho a lámina sobre a que imos a traballar: “La habitación de Van Gogh en Arles.
Ao ver este cadro tan colorido
e que pode recordar
en certo modo a nosa habitación, poden ter
lugar preguntas entre os nenos coma estas: Que é iso?, Quen o pintou?, De quen é a habitación?.
O segundo paso
consistiría en que os nenos coñezan máis a Van Gogh a partir da lectura do noso conto, para iso
podémonos axudar dunha marioneta coa
cara do pintor e a súa roupa. Faremos unha
lectura divertida, tratando de imitala súa voz e contestando tódalas posibles
preguntas.
Despois disto e de coñecer máis sobre a vida e obra deste gran pintor, os nenos e nenas aprenderán sobre as partes da casa. Este proxecto servirá, ademáis de para coñecer o pintor, para que os nenos aprendan algo máis sobre a vida e o que lles rodea no día a día; é por iso que este cadro serve para que aprendan novo vocabulario: Partes da casa (aseo, cociña, comedor …) e mobiliario (sillón, sofá, escritorio …).

O terceiro paso consiste en que os nenos debuxen a habitación ao grande. Xa viron
como era a habitación de Van Gogh, pero agora é o
momento de que os nenos e nenas sexan artistas, teñen que demostrar todas
as súas dotes de pintores facendo unha composición parecida á do seu pintor favorito, para darlle
utilidade poñerémolo no recuncho da casiña.
Aproveitaremos esta actividade para que cada alumno realice outra
composición que represente a súa habitación.
Para isto, é necesario que os
pequenos artistas imiten e empreguen a técnica da cor de Van Gogh (cores fríos e cores cálidos)
para sentirse como os antigos impresionistas.
O último paso do noso proxecto sería a organización dunha galería de arte que abrirá as portas aos familiares dos nosos artistas para que gocen das súas obras. Así adquirirán novos coñecementos sobre os Museos e as galerías de arte.

CONCLUSIÓN
O alumnado, a través desta proposta didáctica, coñeceran e expresaran as súas emocións e sentimentos ao observar a obra de Gogh, e empregará a representación gráfica, como forma de expresión, adquirindo desta maneira o papel de artista.
Desta maneira, pretendemos poñer aos nenos e nenas en contacto cunha obra de arte, analizando así as súas reaccións, a expresión dos seus sentimentos, e as súas proxeccións persoais.
Cada neno será un crítico, valorará a obra dos outros de acordo coa súa propia experiencia,e ademais nos permitirá educar os sentimentos estéticos e o desenvolvemento da creatividade, imaxinación....Ademais, o mensaxe icónico de cada obra poderá ser interpretado segundo vivencias cognoscitivas persoais e o afán educador do adulto poderá encamiñar o gusto artístico do neno novas exploracións do mundo da fantasía, e estas iran pouco a pouco, desenvolvendo e ampliando a súa capacidade interpretativa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario