Nas
últimas décadas incrementouse a publicación de libros profundamente ilustrados,
nos cales o texto e a imaxe se complementan entre si para formar un todo e
facilitarlle ao neno/a a mellor comprensión
da lectura, posto que a ilustración, ademais de estimular a fantasía, é
un recurso indispensable para o goce estético da literatura infantil. De aí,
que mentres o adulto lee o conto en voz alta, o/a neno/a se deleita mirando as
ilustracións.
Os
libros ilustrados de gran formato son coñecidos como álbums, os cales son máis demandados
polos nenos e nenas infantís fronte aos libros de imaxes de formatos máis
pequenos. Os primeiros gozan de ilustracións de maior interese artístico que os
de menor formato ademais de un posible estímulos á lectura para os nenos e
nenas.
A
continuación faremos unha breve análise do conto: Perrault, Ch. (2012). La
Cenicienta. Madrid: SM, o cal pertence á primeira edición da editorial SM.
Tendo como ilustrador Roberto Innocenti e como tradutor Luis Alberto de Cuenca.
A
Cincenta é un conto de fadas folclórico que conta con
varias versións orais e escritas (case setecentas), antigas e modernas,
procedentes de varios lugares do mundo especialmente do continente eurásico.
Trátase de un dos contos infantís máis populares.
Relata
a historia dunha nena que é maltratada pola súa madrasta e as súas dúas irmáns,
que lle obrigan a traballar sen descanso e que practicamente non pode
relacionarse con ninguén. O príncipe convoca unha festa para encontrar esposa e
Cincenta, a pesar do seu desexo de acudir ao festexo, é obrigada a permanecer
na casa familiar. A aparición dunha fada madriña axuda a rapaza a asistir á
festa, coa condicións de que regrese a casa en canto sexan as doce da noite.
Nela coñece ao príncipe, baila con el... pero segundo o acordado ás doce
escapa. Durante a fuxida perde uns dos seus zapatos de cristal. O príncipe
recolle o zapato e vai en busca da súa propietaria para así casarse con ela.
Posto que está profundamente namorado da “descoñecida”. Finalmente encontra a
Cincenta e pasan o resto das súas vidas xuntos e felices. Na versión de
Perrault a Cincenta perdoa as súas súas medio irmáns que irán as súa voda.
Os temas
principais que compoñen a obra son o amor, entre a Cincenta e o Príncipe, e
a sociedade. Esta trasládanos a un
mundo en transición, na disputa entre unha sociedade estamentaria onde prima o
privilexio e unha nova sociedade de individuos liberais, onde se pretende facer
valer o ascenso social por méritos. Este conflito está personificado a partir da
Cincenta, caracterizada como nobre e privilexiada por as medias irmáns e a
madrasta, representantes da posibilidade de ascenso social.
Logo
como subtemas podemos nomear, a maldade, a envexa, o egoísmo, a amizade entre
os diferentes personaxes do conto.
A
arquitectura o mobiliario, o vestiario dos personaxes, os obxectos, etc, amosa
o minucioso traballo de documentación da época por parte do artista, na cidade
de Londres dos anos 20.
A
partir das imaxes os/as nenos/as poden extraer moita
información, xa que ven como eran os lugares onde se desenvolve a historia,
como eran as persoas, a maneira que tiñan de vestir, os xogos que tiñan os
nenos/as da súas idades. Tamén poden imaxinar a historia que se conta e incluso
inventar unha nova, a partir do que ven no libro e deste xeito desatan a súa
creatividade. Estas correspóndense coa a técnica artística de pastel, a cal
consideramos apropiada para este libro, xa que son moi realistas. Estas
ilustracións relaciónanse co estilo artístico do Realismo. Como se trata dun
libro para un libro de Educación Infantil é moi importante que se faga o máis
realista posible.
En
canto os libros infantís, este amosa novidade xa que na maioría dos libros
infantís tende a infantilizar as imaxes.
No
tocante a composición das páxinas deste álbum, consideramos que son
novidosas xa que o tamaño da letra é moi reducida e encontrase nun recadro.
Outro aspecto que encontramos foi o realismo das fotos, xa que nelas podemos
observar a época na que está baseada a obra, as vestimentas que empregaban, os
xogos que tiñan os rapaces e rapazas, etc.
Ao
noso xuízo, esta versión de Perrault é moi apta para os nenos e nenas. Nel o
trunfo do ben sobre o mal sublíñase co comportamento final da Cincenta. A
bondade da protagonista chega ata o extremo de perdoar e esquecer todos os malos
tratos e as humillacións das súas medias irmáns, chegando incluso a compartir
con elas a sorte e levas a vivir ao Palacio e casándoas con dous Señores da
Corte.
O
valor educativo de Perrault, na nosa opinión é extraordinario. A súa intención
é instruír, e consígueo coa moralexa que envolve ao conto. Hai que perdoar
sempre, por moito dano que che fagan e non pagar coa mesma moeda. Este é o
fondo que encerra o final da Cincenta de Perrault.
Polo
tanto, a súa intención educativa ten como obxectivo divertir e educar con
leccións pedagóxicas e morais.
Referencias
bibliográficas
Wensell, U. (2003). La ilustración de textos literarios
dedicados a la infancia. En M. I. López y J. García (coord.). La
comunicación literaria en las primeras edades (pp. 97-110). Madrid:
Ministerio de Educación, Cultura y Deportes
Webgrafía
http://www.taringa.net/posts/info/12570696/La-Cenicienta-y-sus-distintas-versiones.html [08/05/2014]
Arias López, María
Castiñeira López, Mª José
Díaz Armesto, Goretti
No hay comentarios:
Publicar un comentario