Aqueles autores que intentaron definir o
concepto de álbum ilustrado, coinciden na dificultade que supón encontrar unha
definición que sexa satisfactoria, debido a súa complexidade, dado a súa recente
aparición.
Según Lewis, un dos autores que dedicou gran
parte do seu tempo a comprender o álbum ilustrado, advirte que dotar de
significado ríxido o álbum ilustrado, pode ser perigoso, xa que posúe unha
natureza mixta, xa que utiliza dous códigos simultáneos (imaxe e textos). O cal
podemos definir como, un artefacto cultural multicanle, debido a que é creado e
actualizado nun contexto cultural, aínda que non exclusivo do contexto no que
se crea, que contén un texto cunha serie de imaxes, as cales adquiren o mesmo
peso que o texto, e xuntas transmiten o significado global. Polo tanto, o
significado é o produto de esta relación dinámica entre imaxe e texto, e
carecería de sentido si se presentase por separado. Por elo, dise que o ritmo
único das imaxes e as palabras funcionando xuntas, é o que distingue ós libros
ilustrados de outras formas de arte visual e verbal (Perry Nodelman).
As historias dos álbums ilustrados plantexan
aos nenos retos, por elo, este contribúe positivamente no seu desenrolo cognitivo,
intelectual, estético e emocional. É dicir, como sinala Nodelman, “Los álbumes
nos ofrecen todo lo que el buen arte nos ofrece”.
O
principal obxectivo dun álbum ilustrado é ser unha experiencia para os
nenos, polo que o formato e a tipoloxía
contribúen a dar sentido á historia, e as cores e tonalidades das imaxes axudan
a entender e interpretar mellor o narrado. Por elo, consideramos que o álbum
ilustrado é un recurso adecuado para traballar a animación á lectura nos máis
pequenos, xa que ensinan a mirar, a observar o mundo, o mundo no que vivimos dun
xeito reflexivo, é dicir, a crear un proceso de aprendizaxe baseada na
observación.
A lectura mediante os álbums ilustrados,
permite:
- Facer inferencias tanto do texto como da imaxe, o que axuda ó lector identificar, comparar, constatar e integrar información para construír o significado global.
- Ofrece ao niño un andamiaxe para tipos de textos ou narracións máis complexas.
- Presenta dunha maneira atractiva o mundo que lle rodea.
- Contribúe á socialización cultural do neno.
- Permite que os nenos e nenas exerciten o seu xuízo e aprendan a ser responsables.
- Permite o desenrolo de habilidades sociais a presentar modelos de comportamento, que lles sirvan de referentes para a súa socialización.
Antes de realizar o comentario crítico do álbum
elixido, imos facer unha presentación da obra dun xeito exhaustivo:
Título: “Un cadro de Van Gogh”
Autora: Claire D’Harcourt
Ilustrador: LoÏc Le Gall
ISBN: 978-84-15250-58-6
Editorial: Faktoría de libros (selo da editorial Kalandraka)
Ano de edición: Edición orixinal ano 2010, edición da tradución 2013.
Ano de edición: Edición orixinal ano 2010, edición da tradución 2013.
O tema principal da obra é unha profunda
análise dun dos cadros máis importantes do pintor Van Gogh, este cadro
denomínase: “A habitación de Van Gogh en Arles”. Ademais trata diversos temas secundarios coma
un pequeno percorrido pola vida do pintor, e fai unha explicación baseada en
doce detalles do lenzo a partir de elementos como a técnica pictórica, o
tratamento da luz, os planos visuais e incluso citas do propio autor.
Esta obra fai que nos adentremos no cadro,
podendo apreciar detalles e aspectos fascinantes; a luz é moi protagonista na
súa obra xa que o pintor foi buscar á Provenza unha luz deslombarante para os
seus cadros, ademais chama á atención as cores que emprega, son cores puras
cheas de forza (coma o amarelo, verde e azul). Tamén fai especial fincapé nas
pinceladas (son rápidas e longas), Van Gogh transmite co seu cadro moita tranquilidade
e luminosidade, plasma a súa habitación con mobles daquela época que fai que
nos adentremos un chico máis no século XIX.
Consegue que deixemos voar a nosa imaxinación
e sintamos que estamos naquela habitación disfrutando dos obxectos, cores e
incluso podemos deducir ó estado de ánimo.
Na obra os detalles cobran todo o
protagonismo, nela podemos atopar información acerca da vida de Van Gogh para
poder coñecer de onde era, como vivía, que lle sucedeu ou que sentía.
Consideramos que esta obra esta moi ben deseñada
para que o público infantil teña un acercamento de xeito orixinal á pintura e a
Van Gogh.
Van Gogh foi un dos pintores máis
representativos do século XIX, e un claro referente postimpresionista. Surxiu
novidade en diversos aspectos como foron: o trazo, este representábao cun toque
de nerviosismo e tamén as súas pinceladas eran distintas, rápidas e moi
sinuosas. A perspectiva tamén foi unha novidade xa que para moitos pintores é
unha prioridade, pois Van Gogh non a tiña en conta á hora de realizar as súas
obras.
Por suposto, este pintor tivo moita
influencia nos que viñeron posteriormente, en vida o seu traballo non foi
recoñecido, tan so era un pobre tolo e nada máis que vendeu un cadro. Hoxe en
día é dos pintores máis importantes de toda á historia, un xenio imposible de
imitar.
Na actualidade a temática da obra está moi presente en diversos lugares e momentos da vida cotiá como na casa, na
escola...
Cada vez máis, os mestres deciden traballar por proxectos, o tema da pintura e os pintores recoñecidos é un dos temas máis recorridos nas aulas, xa que é un tema moi interesantes, no cal os nenos/as mostran fascinación e interese pola lectura e pintura ao mesmo tempo. Na casa pasa o mesmo, é raro que exista unha casa sen cadros, os nenos/as preguntan cousas acerca deles e observan detalles que igual os adultos non se houberan decatado. É unha obra na cal o adulto ten que amosar constantemente o libro para que os nenos/as visualicen as imaxes e ademais ten explicar máis cousas das que están escritas xa que do contrario ó alumnado é posible que se lle escape información Amosando e explicando de xeito detallado xunto con anécdotas de Van Gogh o alumnado desfrutará máis da obra.

No tocante ás imaxes, dicir que achegan moita
información que non aparece no texto. De feito observando as imaxes é cando se
comprende a obra. Coas ilustracións descóbrese o segredo e a maxia da pintura
de Van Gogh, a penetrante luz tan só se aprecia coas ilustracións, igual cas
pinceladas do artista, as cores, o tipo do mobiliario, as estampas, ect. Por
suposto, é moi importante coñecer o postimpresionismo, estilo de este autor é
coas imaxes somos capaces de comprobar como é este estilo e os seus rasgos.
Sen lugar a dúbidas, sen as ilustración a
obra non tería sentido xa que permiten afondar nos detalles do cuarto de Van
Gogh e non só achegan información das imaxes tamén da vida do artista e de como
él era, por exemplo nos seus trazos pódese observar o seu nerviosismo, no
autorretrato o seu estado de ánimo, nas cores o seu forte carácter e a súa
intensidade e con todas as ilustracións a capacidade de imaxinación.
As ilustracións da obra corresponden a
técnica de fotografía impresa, simulan a perfección o cadro, parécennos moi
apropiadas para o álbum.
O ilustrador desta obra é LoÏc Le Gall, é un apaixonado da
pintura é un xenio en dar a coñecer a pintura ó público infantil. Todas e cada
unha das páxinas tanto o contido como as imaxes son unha sorpresa, máxicas e novidosas
dende a primeira folla ata á última.
En definitiva, é unha obra moi orixinal da
que queremos destacar o fermoso cartel despregable que se atopa ó final do
álbum, unha ilustración de todo o cadro completo. Sen lugar a dúbidas, estamos convencidas que nun futuro traballaremos
na aula cos contos da autora Claire D’Harcourt, cheos de sabedoría, beleza,
forza e imaxinación.
Referencias:
Referencias:
-Álbum ilustrado. (2014, 8 de maio). Wikipedia, A enciclopedia libre. Data de consulta: maio 10, 2014 dende http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=%C3%81lbum_ilustrado&oldid=74277442.
-Lebrero Baena,M.J(1998). Especialización del profesorado en Educación Infantil (0-6 años). UNED,Madrid.
-Fernández Quirós, Esther (2010). “El arte y la literatura infantil y juvenil a través de un modelo de álbum ilustrado”. Hekademos: Revista Educativa Digital. Artigo dispoñíbel en: file:///C:/Users/usuario/Downloads/Dialnet-ElArteYLaLiteraturaInfantilYJuvenilATravesDeUnMode-3745675.pdf
-Lobato Rodríguez, María Jose e Hoster Cabo, Beatriz (2011). “Acercamiento a los museos, al arte y al artista a través del álbum ilustrado”. Educación Artística: Revista de Investigación. Artigo dispoñíbel en:http://ojs.uv.es/index.php/eari/article/view/2516/2065
-Colomer, T. (1996). "El álbum y el texto".Peonza, 39

Díaz Rodríguez, Laura
Fernández Regueiro, Carmen
Lamas Ogaza, Antía
No hay comentarios:
Publicar un comentario