Neste
post trataremos de relacionar o Álbum ilustrado que eliximos, Caperucita Roja,
coas diferentes artes. Debemos de ser conscientes de que podemos empregar este
tipo de recursos para achegar ao alumnado a diferentes manifestacións
artísticas, de xeito que a historia que se conte no álbum se complemente con
todo o demais. No documento Acercamiento
a los museos, al arte y al artista a través del álbum ilustrado fálase desta
conexión entre artes e álbum ilustrado, tendo ao público infantil como primeiro
receptor e achegándoo á cultura visual, aos museos, ao concepto de artista e
obra de arte. Os álbums ilustrados adoptan un enfoque lúdico- creativo que
estimula a comunicación visual e plástica, xeitos diferentes de expresarse moi
interesantes para potenciar as 100 linguaxes do neno que defende Loris
Malaguzzi.
O
albúm ilustrado de Caperucita Roja por Kveta Pacovská relacionámolo
estreitamente coa pintura de vangarda, principalmente expresionistas e
cubistas, como son Paul Klee, Joan Miró ou Wasilly Kandinsky. A riqueza e
orixinalidade das creacións de Kveta Pacovská poden dar pé a introducir obras
de artistas de vangarda para que o alumnado tente atopar relación entre unhas
e outras. Outra técnica artística coa que se relaciona estreitamente este álbum
é co collage, posto que en moitas das súas páxinas se pode observar como xogou
con diferentes texturas para darlle outro toque persoal. Isto pode
axudarnos a introducir esta técnica na aula de educación infantil e que os
pequenos e pequenas fagan as súas propias creacións, alleas ou relacionadas coa
historia de Carapuchiña Vermella.
Outras
manifestacións artísticas relacionadas con esta obra poderían ser obras teatrais,
películas, esculturas ou música.
Buscando
información sobre a historia de Carapuchiña Vermella atopamos variantes:
O
seguinte enlace é un vídeo no que unha nena é a carapuchiña vermella e se
combinan elementos reais con debuxos animados. Aínda que non se segue a historia
tal como a contan os irmáns Grimm pareceunos interesante darlle outra utilidade
ao conto e que os alumnos e alumnas de educación infantil pasen a ser os
protagonistas e se indentifiquen de cheo con eles.
https://www.youtube.com/watch?v=t7WWckme3Jc
https://www.youtube.com/watch?v=t7WWckme3Jc
Outra
forma de contar a historia sería con marionetas. No seguinte enlace pódese ver
un exemplo de cómo quedaría representado, pero a historia que se conta neste
vídeo non garda case ningunha similitude coa dos irmáns Grimm.
Outro vídeo interesante é o da factoría Disney, no que unen o conto da carapuchiña vermella e o dos tres porquiños.As imaxes, como a maioría das creacións desta factoría, resúltannos demasiado estereotipadas.
Outra forma de traballar o álbum de Carapuchiña Vermella é recurrindo ao poema realizada pola poeta e pedagoga chilena Gabriela Mistal, que conta a historia en verso, con vocabulario moi coidado que pode enriquecer o dos máis pequenos e pequenas á par que os relaciona coa poesía. Buscando información sobre a versión de Gabriela Mistal atopamos un vídeo interesante con ilustracións orixinais e creativas de Paloma Valdivia.
A
continuación estableceremos unha comparación entre as ilustracións de Kveta
Pacovská e as do conto recollido na colección de Bonitos Sueños. As diferenzas
saltan á vista: debuxos estereotipados fronte a orixinais e abstractos, moitas
cores fronte a un par delas ben combinadas, debuxo e pintura fronte a outro que
combina esas dúas técnicas co collage… A demais desas diferentes que se poden
observan nas seguintes imaxes, tamén as atopamos no desenlace da historia. Nas dúas versións o lobo acaba co bandullo cheo de pedras, na versión de Kveta o lobo ao non poder levantarse morre alí no chan e na versión recollida en Bonitos Sueños o lobo co bandullo cheo de pedras arrímase ao río a beber, perde o equilibrio e cae nel.
A historia de Carapuchiña Vermella é unha das máis populares e versionadas polo que contamos con diferentes libros de gran calidade que consideramos de deben mencionarse e que están recollidos nun libro que recibe o nome de Érase veintiuna veces Caperucita Roja, de Media Vaca. Neste libro recóllese as imaxes de vinte e un ilustradores xaponeses que apostan por representar dun xeito creativo e nada estereotipado a popular historia.
Ainda
que todos os contos se poden relacionar dun xeito amplo con un gran de abanico
de manifestacións artísticas, consideramos que as máis apropiadas para o álbum
que estamos tratando son o collage e a pintura de vangarda da que se nutre
Kveta Pacovská. Esta pódelle aportar ao neno e nena unha visión da pintura na
que prime a orixinalidade e os aspectos abstractos. Comprenderán que os
obxectos ou persoas se poden representar no papel de diferentes xeitos e non
estarán ceñidos como moitos nenos en escolas actuais a patróns tradicionais que
mostran a realidade tal cual e pouco deixan imaxinar. Co collage daráselle a
oportunidade de crear a partir de obxectos que estean en desuso na aula. Deste
xeito estamos tamén favorecendo a reciclaxe, que os nenos vaian máis alá e que
lle busquen outros usos a obxectos cotiás.
Contando a historia axudados de diferentes soportes e empregando diferentes manifestacións artísticas estarase a favorecer no alumnado de educación infantil a orixinalidade, para que eles mesmos tamén sexan quen de facer novas creacións e contar a historia doutros xeitos.
Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Díaz, Alba
Bibliografía
- Lobato
Rodríguez, María Jose e Hoster Cabo, Beatriz (2011). “Acercamiento a los
museos, al arte y al artista a través del álbum ilustrado”. Educación Artística: Revista de
Investigación. Artigo dispoñíbel en:
Webgrafía
- http://fiesta.uncomo.com/video/como-contar-el-cuento-de-la-caperucita-roja-con-titeres-22297.html
[Última consulta: 16/05/2014]
- http://nubesdecarbon.blogspot.com.es/2012/11/caperucita-roja-por-gabriela-mistral.html
[Última consulta: 16/05/2014]
- http://www.mediavaca.com/index.php/es/colecciones/libros-para-ninos/147-erase-21-veces-caperucita-roja
[Última consulta: 16/05/2014]
No hay comentarios:
Publicar un comentario