miércoles, 21 de mayo de 2014

Un peixe que moito nos pode aportar...

A edición do álbum que estamos a tratar, "El pez que sonreía", data do ano 2010, e nel atopamos unha historia que pode ser entendida de diferentes modos, como sucede en moitas outras obras do autor Jimmy Liao. Por unha banda, podemos observar unha visión adulta da obra. Desde este punto de vista podemos dicir que o argumento do libro, fala dun home solitario que leva un pez para a súa casa; esta responsabilidade de ter unha vida ao seu cargo acaba agobiándoo e decide devolver o peixe ao mar. Por outra banda, outra visión da obra pode ser desde o punto de vista dos nenos e nenas. Dende esta visión o argumento sería moito máis sinxelo. Un home, que ten un peixe, comeza a preguntarse porqué a súa mascota é tan feliz, xa que sempre está a sorrir a pesar de estar encerrado nunha peixeira. Este home acaba por soltalo xa que considera que encerrado nunca vai ser feliz realmente porque non é libre.

Cremos que podemos propoñer este album ilustrado como un libro que mestura a literatura e a ilustración coa cultura visual, é dicir, co mundo da Educación Visual e Plástica. Funciona como un poema, co que a través das cores das ilustracións, o ilustrador pretende transmitir unha morea de emocións; empregando en cada momento os tons de cor necesarios para dar a visión emocional que precisa cada momento. Con el, o autor trata temas tan recorrentes como poden ser: a soidade,a liberdade, o respecto cara os demais, a tristeza, así como a busca da comunicación.

Cremos que este álbum pode ser adecuado para traballar en Educación Infantil debido á ilustración e á mestura de cores que atopamos, así como á narración en forma de poesía, que nos parece unha boa forma de incentivar a lectura. Ademais, consideramos que esta obra literaria podemos vinculala ca arte, xa que atopamos dentro desta literatura un enfoque creativo e lúdico. Este libro podería servir para a estimulación da comunicación visual e plástica, xa que con ela poderán conformar o seu gusto estético, así como construír o seu propio “eu”, partindo de valores como a liberdade, a amizade ou o respecto polos demais.

 Co desenvolvemento da Educación Visual e Plástica, podemos achegarnos a novas formas de expresión e comunicación, distintas á palabra pero igualmente útiles para os nenos e nenas. Coa expresión plástica os nenos poden coñecer e explorar sistemas simbólicos diferentes a linguaxe verbal ou escrita. Desta forma desenvolven a súa creatividade dando forma ás emocións e percepcións que teñen da realidade.
Ademais co coñecemento da Educación Artística o alumnado pode ir descubrindo e comprendendo a crítica do patrimonio e da cultura visual; así como desenvolver a sensibilidade e a percepción estética. Estamos a falar dunha aprendizaxe globalizadora que favorece o traballo de diferentes capacidades e habilidades, así como a comprensión de diferentes contidos.  
Outras obras que poden relacionar a literatura, a ilustración coa Educación Visual e Plástica pode ser:

  • Bill Martin, Jr. (2010). Oso pardo, oso pardo, ¿qué ves?. Madrid: Kókinos.

Ilustrado por Eric Carle. Trátase dun libro interactivo que nos leva a coñecer os animais e as cores. No seu interior atoamos textos sonoros, que son moi repetitivos ao mesmo tempo que rítmicos. As súas ilustracións so moi expresivas e con moito colorido. Ademais de fiestras deslizantes polas que aparecen os diferentes personaxes do conto. É un dos contos indicados para o aprendizaxe, o xogo e a complicidade entre os pais e os nenos e nenas. 

  • Gervais, B. (2011). Imaginario de las estaciones. Madrid: Ediciones SM.
Ilustrado por Francesco Pittau. Ao longo do álbum atopamos plantas e animais que se suceden ao longo das estacións do ano. É un bo libro co que os nenos e nenas poden gozar con debuxos realistas e de moito colorido. Ten un formato troquelado co que se poden levantar solapas para o descubrimento de froitas, a transformación de verme en bolboreta... Ademais é unha boa forma de que os nenos e nenas coñecer e recoñecer a natureza máis próxima a eles, posto que se fai unha mostra da flora e fauna da Península. 



  • Urberuaga, E. (2011). Una cosa negra. Madrid: Narval. 

Una cosa negra de Emilia Urberuaga e ilustrado por el mesmo, é un libro sinxelo en canto aos conceptos tratados. Nel unha mancha negra vaise transformando en diferentes animais, e busca sempre  xogar e formar parte de algo con eles; pero acaba sendo sempre rexeitado. Como o número dos animais vai aumentando leva a que o lector conte aprenda os números. Ademais de poder desenvolver capacidades plástica dado ao colorido e os debuxos deste. 


Referencias bibliográficas:

  • Bill Martin, Jr. (2010). Oso pardo, oso pardo, ¿qué ves?. Madrid: Kókinos.
  • Gervais, B. (2011). Imaginario de las estaciones. Madrid: Ediciones SM
  • Urberuaga, E. (2011). Una cosa negra. Madrid: Narval
Webgrafía:

 http://sonadoresdecuentos.blogspot.com.es/search/label/jimmy%20liao (Recuperado o 18 de Maio de 2014)

                                                           García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura

No hay comentarios:

Publicar un comentario