Mostrando entradas con la etiqueta tradición oral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradición oral. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de mayo de 2014

Conferencia "A luz e a sombra da palabra. De oralidade e lectura" por Xabier P. Docampo

O pasado xoves 10 de abril de 2014 tivemos o pracer de ter connosco na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo ao escritor galego Xabier Puente Docampo.



Nado na vila de Rábade no ano 1946, Docampo é unha ilustre figura dentro da literatura en lingua galega, que desempeñou durante a súa longa traxectoria profesional un gran número de oficios como poden ser o de docente, actor, contacontos ou director de teatro, entre outros. Conta no seu haber cun bo abano de obras de recoñecida sona como poden ser O misterio das badaladas (1986), Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986) ou Cando petan na porta pola noite (1994); unha labor creadora pola que gañou diferentes recoñecementos en forma de premios literarios entre os que se atopan o Premio “Rañolas” (1994), o “Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil” (1995) ou "The White Ravens" da Jugend Bibliotek de Munich (1997 e 2005).


Polo que respecta á conferencia, o autor apoiouse en varias anécdotas nas que se baseaban as súas experiencias vitais acerca da capital importancia que posuía e posúe a oralidade como forma de transmisión de diferentes coñecementos e crenzas; unha actividade que perdeu presenza por mor da aparición das novas tecnoloxías e das novas formas de comunicación, as cales non soamente influíron na xuventude senón tamén nas persoas maiores, que se viron fortemente atraídas por estes avances tecnolóxicos, sobretodo polo televisor, deixando de lado a súa labor de fistores (narradores) de historias ás novas xeracións. Como o propio Docampo sentenciou: “Calaron as voces da familia”; “Nunca tan comunicado estivo o ser humano nin tan illado se atopou”.



Por outra banda, no tocante ao que literatura infantil e xuvenil se refire, esta pode cumprir a mesma función que a transmisión oral, coa diferenza de que ao estar en formato físico pasa a ser perdurable no tempo. Neste tipo de transmisión, é de suma importancia o papel do profesorado, posto que estes profesionais da docencia teñen que posuír a característica de ser uns excelentes lectores literarios para poder así seleccionar dunha forma idónea o canon de obras que conformarán a biblioteca das súas aulas ou do seu centro, se lles correspondese tal función, sen deixarse levar en ningún momento por modas ou por series literarias que na maioría dos casos carecen de todo elemento que define a unha obra destinada a educar para a sabedoría ou para a felicidade dos seus lectores. Esta importancia que posúe a literatura para a formación da xuventude é algo que Docampo quixo facer patente coas seguintes palabras: 

“Os contos axúdannos a medrar, conteñen toda a sabedoría, axudan a construír o noso interior, ata o punto de saber como somos polo que lemos. Ensínannos a formar un pensamento, a transgredir, a crear o noso propio eu, a ter en conta aos demais, axúdannos a escoitar, a crear en nós a necesidade de buscar todo o que nos espellos se reflicte”. 

Ademais da importancia atribuída por parte de Docampo tanto á oralidade como á literatura, tamén fixo mención ao fenómeno de desligazón por parte das familias nesta tarefa de formación de lectores literarios, deixando que fose a escola a única encargada de realizar tal función. Na nosa opinión, esta actividade non debería limitarse soamente ao ámbito escolar, senón que dende a familia, como primeiro axente socializador co que teñen contacto os pequenos e pequenas na súa vida, e dende a comunidade educativa ao completo, se lles debería ensinar a valorar a potencialidade intrínseca das historias que aparecen reflectidas tanto nas diferentes obras literarias como nas que lles poidan achegar de forma oral os diferentes individuos presentes na súa contorna máis próxima. 

Unha vez rematada esta breve análise dos puntos que nos pareceron máis significativos da conferencia, parécenos interesante salientar que, ao noso ver, o coloquio de Docampo foi moi suxestivo polo feito de presentar as palabras como xeradoras e propagadoras dos camiños da lectura e ao transmitirnos ese arrolo seu polas mesmas, xa que logo, fixo chegarnos e sentir esa fascinación polas palabras; de igual xeito, moitas das que el empregou na intervención que fixo convertéronse en perdurables no noso recordo, xa fose pola súa sonoridade ou pola súa pertinencia. 

Xa que estamos a falar desas palabras orais, vivas e perdurables na nosa cabeza e corazón, gustaríanos compartir con todos e todas vós unha canción que a moitos dos membros do noso grupo de traballo nos cantaban os nosos avós e avoas cando éramos cativos e que, sen dúbida, a máis de un lle soará; a citada canción é a de “Mambrú se fue a la guerra” e di así:

Mambrú se fue a la guerra, ¡qué dolor, qué dolor, qué pena! Mambrú se fue a la guerra, no sé cuando vendrá. Do-re-mi, do-re-fa, no sé cuando vendrá. 

Si vendrá por la Pascua, ¡qué dolor, qué dolor, qué gracia! Si vendrá por la Pascua, o por la Trinidad. Do-re-mi, do-re-fa, o por la Trinidad. 

La Trinidad se pasa, ¡qué dolor, qué dolor, qué guasa! La Trinidad se pasa, Mambrú no viene ya. Do-re-mi, do-re-fa, Mambrú no viene ya. 

Por allí viene un paje, ¡qué dolor, qué dolor, qué traje! Por allí viene un paje, ¿qué noticias traerá? Do-re-mi, do-re-fa, ¿qué noticias traerá?

Las noticias que traigo, ¡del dolor, del dolor me caigo! Las noticias que traigo son tristes de contar. Do-re-mi, do-re-fa, son tristes de contar. 

Que Mambrú ya se ha muerto, ¡qué dolor, qué dolor, qué entuerto! Que Mambrú ya se ha muerto, lo llevan a enterrar. Do-re-mi, do-re-fa, lo llevan a enterrar. 

En caja de terciopelo, ¡qué dolor, qué dolor, qué duelo! En caja de terciopelo, y tapa de cristal. Do-re-mi, do-re-fa, y tapa de cristal. 

Y detrás de la tumba, ¡qué dolor, qué dolor, qué turba! Y detrás de la tumba, tres pajaritos van. Do-re-mi, do-re-fa, tres pajaritos van. 

Cantando el pío-pío, ¡qué dolor, qué dolor, que trío! Cantando el pío-pío, cantando el pio-pá. Do-re-mi, do-re-fa, cantando el pío-pá.

Por último, só nos resta expoñer, a modo de conclusión, que son moitas e moi valiosas as achegas que a a oralidade e a literatura lles proporcionan aos nenos e ás nenas: transmisión dun xeito de estar no mundo (tradición cultural); interacción co contorno e coas persoas que lles comunican e len (contar e ler son intercambios que implican emotividade recíproca: amamos a imaxe de quen nos fala e tamén de quen nos escoita); cultivo dos sentimentos estéticos, alimento da fantasía e acrecentamento da imaxinación e a creatividade; acentuación do espírito crítico; ampliación dos intereses persoais... En definitiva, resultan esenciais para a formación intelectual da infancia.


Webgrafía:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XabPuent1&alias=&solapa=biografia
http://conectandolecturas.org/autores/xavier-puente-do-campo/
http://galegos.galiciadigital.com/es/xabier-puente-docampo
http://xabier-docampo.net/blog/29_blog.php


Corbelle Blanco, Héctor
Corredoira Ramos, Patricia
Díaz Rodríguez, Pablo
Modia Vázquez, Rocío
Seijas Zamora, Laura

miércoles, 7 de mayo de 2014

CONFERENCIA DE XABIER P. DOCAMPO “LA LUZ Y LA SOMBRA DE LA PALABRA” DE LA ORALIDAD

 El pasado 10 de Abril de 2014 tuvimos el honor de contar con la presencia del reconocido escritor gallego Xabier P. Docampo.
Como comentaron nuestras compañeras/os, Xabier P. Docampo a parte de un reconocido escritor también es maestro, cuentacuentos, actor de teatro, guionista  y un promotor de la lengua y de la cultura gallega. Es un escritor que centra su literatura    hacia el público infantil y juvenil. Algunas de su obras son: O misterio das badaladas(1986); Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986); Cando petan na porta pola noite (1994), estas son algunas das obras que recordamos leer cando eras pequeña. Tiene obras más actuales como: Un conto de tres noites (2001); Bolboretas (2004), A decisión de Valerio (2005) o Mans (2011).

Xabier P. Docampo cuando comenzó la conferencia lo hizo con esta frase “La luz y la sombra de la palabra”, con ella nos dice que la oralidad forma parte del proceso de desarrollo de los niño/as.
También nos contó que él aprendió a leer de pequeño en su casa con un periódico y que por ese motivo comenzó la escuela antes de que tuviera la edad obligatoria para asistir a ella. En cambio, en la actualidad los padres quieren que sus hijos/as aprendan todo en el colegio. 
Antiguamente,  hacia la noche alrededor del fuego los mayores contaban historias, cuentos, leyendas, etc…, para que se siguieran contando durante toda la vida y no se perdieran. Esto se fue perdiendo a lo largo de la historia con la llegada de la televisión, porque se consideraba que contaba cosas más interesantes que las historias, cuentos, etc… que contaban ellos.
La oralidad es muy importante que se trabaje con los niños/as desde edades muy tempranas, ya que ayuda a crear al lector literario. Por eso es primordial que se empiece desde la familia, que se lea literatura infantil o historias que les contaran sus antepasados,  a sus hijos/as y no esperar a que se lo lean cuando lleguen a la escuela.
Los cuentos nos ayudan a  ampliar nuestros conocimientos, a crear un mundo interior, a ponerle el nombre correcto a las cosas, a crear un pensamiento propio, a tener en cuenta a los demás, a saber escuchar, etc.
Por eso como futuras docentes de Educación Infantil consideramos que es muy importante que el alumnado desde un principio se sienta atraído por la literatura infantil y para eso debemos de narrárselo de manera que les resulte atractiva a ellos y con ellos contribuimos al desarrollo de la imaginación y fantasía de los niños/as.  Y como bien dijo Xabier P. Docampo “Cualquier cuento contado al niño/a le provoca felicidad y sueños” y “No hay nada que le fasciné más a un niño/a que le cuenten un cuento en el colegio”.

A continuación queremos añadir un cuento que nos contaban nuestros abuelos cuando éramos pequeñas. Este se titula “As tres perras chicas”.

Chegou un día ó ceo e cando chegou, San Pedro díxolle:
-        Non, ti non podes pasar porque non fixeches ninguna boa obra.
-        Como que non? Deille tres perras chicas unha vez a un pobre.
E San Pedro foi falar co Noso Señor haber se o deixaba pasar.
-        E qué fixo bo? – Díxolle o Noso Señor.
-        Deulle tres perras chicas a un pobre.- Contestou San Pedro.
-        Máis nada? Pois logo devólvelle as tres perras chicas e que marche para o inferno.

Para finalizar solo darle las gracias a Xabier P. Docampo por compartir ese tiempo con nosotros y hablarnos con toda franqueza sobre la importancia de la oralidad.





Arias López, María
Castiñeira López, Mª José

Díaz Armesto, Goretti

domingo, 27 de abril de 2014

Charla "A luz e a sombra da palabra. De oralidade e lectura" por Xabier P.Docampo


O pasado 10 de abril, asistimos á conferencia de Xabier P. Docampo na nosa Facultade, baixo o título "A luz e a sombra da palabra. De oralidade e lectura".

Xabier P. Docampo como ben explicaron algunhas das nosas compañeiras, é un mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares. É autor de libros de texto, numerosas obras de literatura infantil e xuvenil e ensaios. Tamén escribiu e dirixiu obras para vídeo e televisión. Pertenceu aos consellos de redacción da Revista Galega de Educación e da revista de literatura infantil e xuvenil "Fadamorgana", e participou na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX). Recibiu os premios "Feira do Libro de A Coruña" (1989), "Emilia Pardo Bazán" (Ministerio de Educación), "Rañolas" (1994), "Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil" (1995), "Honouri List IBBY" (1996), "The White Ravens" (1997, 2005), "Lecturas (GALIX, 2004), "Irmandade do Libro" (2009).

Despois dun breve percorrido pola traxectoria de Docampo, falaremos  sobre a charla que se centrou na oralidade como a raíz da literatura.  Como puidemos ver, para Docampo, a palabra é por esencia oral, e, o mesmo tempo, é a esencia da literatura. Por iso, para el a literatura ten unha profunda vocación de oralidade. Ler, é polo tanto, contarse unha historia. 

Tamén falou que deberíamos pararnos a reflexionar sobre que é a lectura e porqué queremos que os nenos e nenas lean, como futuros docentes, posto que non é o mesmo que consideremos a lectura como actividade para o ocio ou para a adquisición de coñecementos que o fagamos téndoa como unha actividade dende un punto de vista didáctico servindo así para crear lectores literarios.

Baixo o noso punto de vista, esta charla foi de gran  interese, posto que nos acercou a importancia que tivo e ten a día de hoxe a oralidade.
Durante a charla, fíxose tamén fincapé nas historias e contos que os nosos maiores nos contaban cando eramos cativos. Falando entre as distintas compoñentes do noso grupo coincidimos nalgunha delas que tamén queremos compartir con vos. Unha foi a lenda da “Cova da serpe”, tamén "Pulgarciño", “Caperuchiña vermella” e a “Cigarra e a Formiga”, entre moitas outras. Pero non só rememoramos contos ou lendas, senón relatos que falaban dende "adentro" dende a propia experiencia e os máis profundos dos sentementos, máxicas e encantadoras historias que as diferentes compoñentes do grupo gardamos con mais aínco polo que para nós significaron neses momentos e agora mesmo. Algunhas delas eran sobre as súas experiencias vividas cando eran cativos (épocas díficiles durante a guerra), como xogaban antes (os monecos de millo, como exemplo), os seus enamoramentos (cando coñeceron os seus respectivos mozos e mozas, as bodas...),  o duro traballo no campo, como era a vida no colexio (as monxas, os castigos...). En definitiva, infinitas historias que nós persoalmente gardamos con moito cariño e añoranza.

Como reflexión final, sobre o tema que se tratou durante a charla, pensamos que como futuras docentes non debemos de esquecer o privilexio que a nosa profesión brinda para tratar de formar non só bos lectores/escritores senón tamén bos oíntes/falantes, por iso, debemos facer uso dos contos, relatos, historias que son enormes recursos posto que axudan ao alumnado a construír sólidas estruturas dentro da fantasía, a reforzala capacidade de imaxinación e creatividade, a amplialo mundo da experiencia infantil. Son, polo tanto, peza clave no elemento formativo do carácter, a personalidade e a forma de vida.


Díaz Rodríguez, Laura
Fernández Regueiro, Carmen
Lamas Ogaza, Antía

jueves, 24 de abril de 2014

Xabier P.Docampo e a oralidade

O alumnado de cuarto curso da Facultade de Formación do Profesorado, da USC (Lugo), tivemos o inmenso pracer de recibir no salón de actos a Xabier Puente Docampo o pasado 10 de Abril do 2014. Antes de comentar o que veu facer a nosa Faculatde queremos contar un pouco moi por riba quén é.

Xabier Puente Docampo é un profesor e escritor coñecido sobre todo polas súas obras dirixidas ao público infanto-xuvenil. Naceu en Rábade (Lugo) o 5 de abril de 1946. Entre as súas obras atopamos:

- “Misterio das Badaladas” (1986), onde narra o misterio dun reloxo que da ás doce trece badaladas e dun grupo de nenos en nenas que tratas de resolver o misterio.

- “Bolboretas (2004) na que un neno descobre un xogo que consiste en cazar unha bolboreta e metela na boca aguantando a respiración o máximo posible sen facerlle dano, para a continuación deixala saír novamente. Técnica que lle ensina a unha rapaza pasándolle a bolboreta de boca en boca.

- “De cores e de amores” (2005): Obra que fala da forza que move ao mundo, o amor.
Xabier Puente Docampo recibiu numerosos premios non so en España senón tamén no estranxeiro como é "The White Ravens 2005" da Jugendbibliothet de Munich.

Agora que xa vos facedes unha idea de quen é, e da súa importancia no mundo da literatura comentaremos algunha das cousas que máis nos chamou a atención da súa charla sobre a literatura infantil e xuvenil.

A charla comezou co cambio que sufriu a escola co paso do tempo. Antigamente era o lugar ao que se acudía para aprender a ler, escribir, sumar, restar, multiplicar e dividir. Pero agora é o sitio no que asentar determinadas actitudes, é dicir, aprendemos a ler e a escribir para empregalas como ferramentas para adquirir outros coñecementos. A función dos docentes debería ser educar para a sabedoría e felicidade. E a lectura é o instrumento máis próximo á sabedoría.

Antano eran as familias as que contaban historias, contos, lendas, mitos, etc., pero coa chegada da televisión moitas destas familias consideraron que esta conta un mundo máis marabilloso que os seus relatos polo que as voces comezaron a silenciarse.

Segundo Xabier P. Docampo todo pícaro que de pequeno escoitou historias, de maior será un adicto ás historias como se de un drogodependente se tratase. Tamén comentou que as familias en xeral, delegan moitas responsabilidades nas escolas (adeus a literatura de tradición oral) e que esta se ve obrigada a asumir cada vez máis responsabilidades, pois debe recoller todo o que a sociedade considera importante para o alumnado, isto inclúe a literatura. Pero os centros educativos non deben darlle importancia a oralidade e a literatura por unha razón "ecoloxista" para evitar que se perda, senón pola súa importancia, polo que aporta e o que aprendemos dela.

A oralidade dun conto fascina, por este motivo aos nenos e nenas cando son pequenos lles encanta escoitar contos, e non só iso, senón que tamén queren escoitar unha e outra vez o mesmo conto e que se lles conte do mesmo xeito. Por outra banda, o escrito fai perdurable o narrado. A oralidade dende un punto de vista didáctico axuda a crear ao lector literario.


O ideal sería "desescolarizar" a literatura infantil e xuvenil e trasladala ao ámbito familiar, pero é a escola quen ten a función de formar ao lector, polo que o mellor lector literario debe ser o mestre ou a mestra. Os docentes atopan nos contos un gran recurso que axuda ao alumnado a medrar, a sedimentar nel cada vez máis coñecementos e sabedoría, a poñer nome as cousas e sentimentos, a transgredir, a crear un coñecemento diverxente, a ter en conta aos demais e a escoitar. Por todo isto que nos transmitiu o Sr. Xabier P.Docampo, e o que aprendemos queremos agradecerlle a súa visita e esperamos que as vindeiras xeracións teñan a oportunidade de asistir a unha das súas charlas.

Dada a importancia das historias de tradición oral, gustaríanos facer un balance de todas aquelas que os nosos avós nos contaban. Algunhas delas son:
  • Había un can que non tiña casa e polo inverno tiña moito frío e dicía: “brrrrr…que frío fai, cando veña o verán vou facer unha casa”, pero cando chegaba o verán, coa lingua de fóra, dicía: “ para que quero casa!, queima o sol que abrasa!”, e así ano tras ano, sucesivamente.
  • Había unha vez unha formiga moi traballadora que todo o verán recollía comida para non pasar fame no inverno e a súa amiga a cigarra ríase dela porque botaba todo o verán traballando e ela non facía nada. Pero cando chegou o inverno a formiga tiña que comer e a cigarra non, e andaba deambulando e morrendo de fame, entón a formiga acolleuna na súa casa e compartiu con ela a súa comida, dende entón a cigarra aprendeu a non rirse de ninguén máis e a traballar máis. 

  • Unha vez un raposo atopouse con unha cegoña, e invitouna a comer a súa casa. Cando a cegoña chegou a casa do raposo este tiña feitas unhas papas, entón o raposo derramounas por unha pena abaixo. A cegoña co seu peteiro non podía comer os grans de arroz, pero o raposo coa súa lingua recollía todos os grans e comía perfectamente todas as papas. Entón a cegoña díxolle ao raposo que lle debía unha comida e que por tanto o levaría as festas ao ceo. O zorro subiuse a cegoña e esta empezou a voar. Cando ían ben arriba a cegoña deixou caer ao raposo, para vingarse del.  O raposo mentres caía viu un palleiro e dixo: “rabo guiadeiro, guíame para aquel palleiro, que se desta saio nunca ás festas ao ceo non volvo”. O raposo caeu encima do palleiro e quedou espetado no pau. 


Pensamos que estas lendas, contos ou fábulas, contadas oralmente, son moi importantes na educación infantil porque dun xeito ameno, lúdico, sinxelo e claro transmiten aos nenos e nenas valores morais, imprescindibles para o desenvolvemento da personalidade e a aprendizaxe verbal. Así mesmo, estas historias e lendas, propician que os nenos e nenas vaian aprendendo palabras antes de saber ler.

Nos últimos tempos, esta literatura de tradición oral estase a perder, sobre todo no seo familiar, en certa medida debido ao uso excesivo das novas tecnoloxías. Por este motivo, consideramos que é moi importante darlle un lugar destacado e fomentar este tipo de literatura dentro da escola. 



       Webgrafía:



Alumnas de 4º Grao Facultade de Formación do Profesorado da USC (Lugo)

García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura