Mostrando entradas con la etiqueta Kveta Pacovská. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Kveta Pacovská. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de mayo de 2014

Con Carapuchiña Vermella somos artistas


Á hora de presentar un álbum ilustrado en calquera aula de educación infantil non só debemos centrarnos exclusivamente na súa lectura, senón que podemos ir máis alá, vinculándoo a outras manifestacións artísticas. Neste post presentaremos o noso proxecto didáctico sobre o álbum que escollemos, Caperucita Roja, caracterizado polas ilustracións de Kveta Pacovská. Todas as propostas que pensamos levar a cabo pretenden desenvolver os sentimentos estéticos dos nenos e nenas, capacitándoos para diferenciar entre o que pode resultar atractivo e artístico e o que non. As actividades organizarémolas para levar a cabo en catro de sesións, nunha aula con nenos e nenas de 3 a 4 anos.

Na asamblea presentarémoslle o conto de Caperucita Roja con imaxes demasiado estereotipadas, que pouco deixan voar a imaxinación e a creatividade dos máis pequenos e pequenas, para logo ensinarlle a nova versión ilustrada por Kveta Pacovská. Observarán detidamente as diferentes imaxes á vez que escoitaremos as numerosas ideas dos nenos e nenas, intentando que respondan ás seguintes cuestións que lles plantexariamos:

-          Qué conto vos gustan máis?
-          Qué personaxes vos gustaron máis?
-          Gustouvos a historia?
-          Que lobo vos da máis medo?
-          Cómo credes que están realizadas os debuxos dos personaxes?

De seguido, propoñemos realizar as nosas propias marionetas e decorados para logo representar a historia na aula. Para o decorado do bosque empregaremos uns cartóns arrugados que poden  sacar dalgunha caixa de cartón, unhas cáscaras de ovo, diferentes tapóns de plástico e virutas de madeira ou recortes de papel reciclado. Logo cortaranse unhas tiras de cartón e pegarémolas na base da cartolina onde pintamos un fondo sinxelo con ceo e campo verde.  Na parte da copa das árbores pegaremos as virutas, as cáscaras de ovo e as tapas de plástico.

Como a parte da historia transcorre dentro da casa da avoa sería interesante realizar unha pequena na que presentar a escena.  Para isto utilizaríamos caixas de cartón decoradas por nós mesmos con rotuladores, témperas ou ceras e a cama e o armario da avoa. Unha vez rematados os dous decorados principais poñémonos mans á obra cos personaxes principais, empregando de novo materias de refugallo: teas, rolos de papel, fieltro, cartolinas e cores e témperas para darlles un toque máis persoal.



Na terceira sesión, unha vez que teñamos listos decorados e personaxes representaremos a nosa propia versión do conto citado con anteriodade. Os nenos e nenas resultarán protagonistas desta actividade xa que será eles mesmos quenes guíen e interactúen coas propias creacións.

Posto que as ilustracións de Kveta Pacovská gardan moita similitude coa pintura de vangarda, concretamente expresionista e cubista, pensamos que resultaría interesante e útil achegar aos máis pequenos e pequenas a este tipo de manifestación artística. Para que a actividade resulte verdadeiramente productiva e significativa para eles consideramos apropiado proporcionarlle folios tamaño A4 e témperas ou pintura de dedos para que poidan representar as diferentes escenas da historia coas súas propias mans.


















Para rematar coa última sesión trataremos o tema do collage, técnica que emprega tamén Kveta Pacovská. Ofreceremos ao alumnado recortes de revistas, pegamento, tesoiras, cartolinas tamaño a A4 e teas. Cada neno e nena deberá escoller unha escena do conto que representará a través da técnica do collage. Finalmente recompilaremos todas estas creacións construíndo o noso propio álbum ilustrado.












Para avaliar o noso proxecto didáctico teremos en conta o interese e actitude dos nenos e nenas á hora de realizar as diferentes actividades. Outro xeito de avaliar sería observar se o alumnado se achega a todas aquelas creacións realizadas logo da lectura do conto. Entendemos que se mostran interese por todo o feito é porque resultou unha actividade significativa que espertou o seu interese e motivación.  Consideramos que cumprimos o noso principal obxectivo se espertamos neles curiosidade por este tipo de manifestacións e imaxes, acostumados a que o propio texto resulte máis importante.

Como futuras mestras de Educación Infantil pensamos que é fundamental ofrecer recursos aos nenos e nenas para desenvolver a súa capacidade de imaxinar e crear. Deste xeito, deixamos de lado os libros nos que ten demasiado peso o texto e as imaxes estereotipas para darlle cabida na aula aos álbumes ilustrados.
Como ben dixo Loris Malaguzzi “Los niños tienen 100 maneras de expresarse, pero le robamos 99”. Nós, os adultos debemos de ser conscientes que os álbumes ilustrados poden ser unha ferramente idónea para traballar outras formas de expresarse e de entender o mundo que o rodea.


Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Díaz, Alba


Webgrafía





A riqueza da arte nos álbumes ilustrados

        Neste post trataremos de relacionar o Álbum ilustrado que eliximos, Caperucita Roja, coas diferentes artes. Debemos de ser conscientes de que podemos empregar este tipo de recursos para achegar ao alumnado a diferentes manifestacións artísticas, de xeito que a historia que se conte no álbum se complemente con todo o demais. No documento Acercamiento a los museos, al arte y al artista a través del álbum ilustrado fálase desta conexión entre artes e álbum ilustrado, tendo ao público infantil como primeiro receptor e achegándoo á cultura visual, aos museos, ao concepto de artista e obra de arte. Os álbums ilustrados adoptan un enfoque lúdico- creativo que estimula a comunicación visual e plástica, xeitos diferentes de expresarse moi interesantes para potenciar as 100 linguaxes do neno que defende Loris Malaguzzi.

     O albúm ilustrado de Caperucita Roja por Kveta Pacovská relacionámolo estreitamente coa pintura de vangarda, principalmente expresionistas e cubistas, como son Paul Klee, Joan Miró ou Wasilly Kandinsky. A riqueza e orixinalidade das creacións de Kveta Pacovská poden dar pé a introducir obras de artistas de vangarda para que o alumnado tente atopar relación entre unhas e outras. Outra técnica artística coa que se relaciona estreitamente este álbum é co collage, posto que en moitas das súas páxinas se pode observar como xogou con diferentes texturas para darlle outro toque persoal. Isto pode axudarnos a introducir esta técnica na aula de educación infantil e que os pequenos e pequenas fagan as súas propias creacións, alleas ou relacionadas coa historia de Carapuchiña Vermella.
Outras manifestacións artísticas relacionadas con esta obra poderían ser obras teatrais, películas, esculturas ou música.
Buscando información sobre a historia de Carapuchiña Vermella atopamos variantes:
O seguinte enlace é un vídeo no que unha nena é a carapuchiña vermella e se combinan elementos reais con debuxos animados. Aínda que non se segue a historia tal como a contan os irmáns Grimm pareceunos interesante darlle outra utilidade ao conto e que os alumnos e alumnas de educación infantil pasen a ser os protagonistas e se indentifiquen de cheo con eles.
https://www.youtube.com/watch?v=t7WWckme3Jc 

Outra forma de contar a historia sería con marionetas. No seguinte enlace pódese ver un exemplo de cómo quedaría representado, pero a historia que se conta neste vídeo non garda case ningunha similitude coa dos irmáns Grimm.

Outro vídeo interesante é o da factoría Disney, no que unen o conto da carapuchiña vermella e o dos tres porquiños.As imaxes, como a maioría das creacións desta factoría, resúltannos demasiado estereotipadas.
Outra forma de traballar o álbum de Carapuchiña Vermella é recurrindo ao poema realizada pola poeta e pedagoga chilena Gabriela Mistal, que conta a historia en verso, con vocabulario moi coidado que pode enriquecer o dos máis pequenos e pequenas á par que os relaciona coa poesía. Buscando información sobre a versión de Gabriela Mistal atopamos un vídeo interesante con ilustracións orixinais e creativas de Paloma Valdivia.
A continuación estableceremos unha comparación entre as ilustracións de Kveta Pacovská e as do conto recollido na colección de Bonitos Sueños. As diferenzas saltan á vista: debuxos estereotipados fronte a orixinais e abstractos, moitas cores fronte a un par delas ben combinadas, debuxo e pintura fronte a outro que combina esas dúas técnicas co collage… A demais desas diferentes que se poden observan nas seguintes imaxes, tamén as atopamos no desenlace da historia. Nas dúas versións o lobo acaba co bandullo cheo de pedras, na versión de Kveta o lobo ao non poder levantarse morre alí no chan e na versión recollida en Bonitos Sueños o lobo co bandullo cheo de pedras arrímase ao río a beber, perde o equilibrio e cae nel. 



















A historia de Carapuchiña Vermella é unha das máis populares e versionadas polo que contamos con diferentes libros de gran calidade que consideramos de deben mencionarse e que están recollidos nun libro que recibe o nome de Érase veintiuna veces Caperucita Roja, de Media Vaca.  Neste libro recóllese as imaxes de vinte e un ilustradores xaponeses que apostan por representar dun xeito creativo e nada estereotipado a popular historia.




Ainda que todos os contos se poden relacionar dun xeito amplo con un gran de abanico de manifestacións artísticas, consideramos que as máis apropiadas para o álbum que estamos tratando son o collage e a pintura de vangarda da que se nutre Kveta Pacovská. Esta pódelle aportar ao neno e nena unha visión da pintura na que prime a orixinalidade e os aspectos abstractos. Comprenderán que os obxectos ou persoas se poden representar no papel de diferentes xeitos e non estarán ceñidos como moitos nenos en escolas actuais a patróns tradicionais que mostran a realidade tal cual e pouco deixan imaxinar. Co collage daráselle a oportunidade de crear a partir de obxectos que estean en desuso na aula. Deste xeito estamos tamén favorecendo a reciclaxe, que os nenos vaian máis alá e que lle busquen outros usos a obxectos cotiás.
Contando a historia axudados de diferentes soportes e empregando diferentes manifestacións artísticas estarase a favorecer no alumnado de educación infantil a orixinalidade, para que eles mesmos tamén sexan quen de facer novas creacións e contar a historia doutros xeitos. 


Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Díaz, Alba



Bibliografía
-  Lobato Rodríguez, María Jose e Hoster Cabo, Beatriz (2011). “Acercamiento a los museos, al arte y al artista a través del álbum ilustrado”. Educación Artística: Revista de Investigación. Artigo dispoñíbel en:

Webgrafía
-       https://www.youtube.com/watch?v=t7WWckme3Jc [Última consulta: 16/05/2014]
-       https://www.youtube.com/watch?v=iooHH3Q7buE [Última consulta: 16/05/2014]


martes, 20 de mayo de 2014

Album ilustrado de Kveta Pacovská para deixar voar a imaxinación.

          Como grupo de traballo pensamos que o mellor xeito de achegar aos nenos e nenas de Educación Infantil ás diversas manifestacións da literatura infantil é a través de libros pensados para eles, con diferentes imaxes que cheguen a captar a súa atención e interese. Como futuras mestras debemos aproveitar ese afecto fascinado dos nenos e nenas ante a contemplación de imaxes para animar e espertar o seu interese lector. Aínda que non o pareza, debemos deixar clara, a importancia que teñen as imaxes nos libros para os nenos e nenas de idades moi temperás. Calquera imaxe pode chegar a transmitir significados, contidos e mensaxes. 

            Os libros ilustrados de gran formato son os coñecidos como álbums, sendo aqueles primeiros libros de contido literario narrativo que os nenos e nenas poden ter nas súas mans. Estes libros de gran formato son con frecuencia máis demandados polos nenos e nenas de corta idade fronte aos libros de imaxes de formato máis pequeno, que poden servir xa en preescolar como estímulo á lectura. Estes xeralmente gozan de ilustracións de maior interese artístico que os de menor formato e menor prezo, ademais dun posible estímulo para a lectura, proporcionan aos máis cativos unha experiencia próxima ao goce estético. Esta cuestión xoga un papel fundamental na educación da súa sensibilidade e no desenvolvemento da súa capacidade para gozar das obras de arte gráfica e pictórica, servindo de achega cara unha primeira educación artística.

Entre os álbums ilustrados que se nos presentaron escollemos o conto de Caperucita Roja, dos irmáns Grimm con ilustracións de Kveta Pacovská, do ano 2008, editado por Kókinos en Madrid. A primeira versión do conto é de Charles Perrault, quen recolleu a historia de tradición oral e a incluiu no ano 1697 nun volumen de contos que recibiu o nome de Historias e contos de tempos pasados. Esta primeira versión é mais cruel, mostrando ao lobo máis feroz que devora a avóa de carapuchiña vermella e que ten un pensamentos máis atravesados que na versión que manexamos. Adaptando a versión dos Irmáns Grimm aparece Kveta Pacovská, mesturando unha adaptación do texto  deles con impactantes ilustracións de vangarda.

Carapuchiña vermella e o lobo de Gustav Doré. 
Carapuchiña vermella e o lobo de Kveta Pacovská
No referente ao texto, esta autora e artista respecta bastante a estructura da versión dos Irmáns Grimm do ano 1812 e engade pequenas variacións. O tema principal da historia sería que unha nena se arrisca a escoitar a un descoñecido, se deixa persuadir e convencer polas súas palabras e acaba sendo traicionada por él. Os subtemas que se poden extraer desta historia sería que non se confíe nos descoñecidos, que se faga caso aos consellos da nai, o bosque como lugar inseguro… No referente ás pequenas variacións destacamos que na versión dos irmáns Grimm carapuchiña levaba na súa cesta un cacho de pastel e unha botella de viño mentres que nesta versión que manexamos nós leva ademais un tarro de mel. Outra variante que puidemos observar, e que nos chamou a atención, fai referencia á expresión que emprega o lobo cando quere comer á rapaza: na versión tradicional grita “es para comerte mejor” mentres que na versión de Kveta Pacovská dí “es para tragarte mejor”.

O novidoso deste álbum ilustrado son as imaxes, que deixan voar a imaxinación e non gardan ningunha similitude coas que aparecen nos libros tradicionais. Estas imaxes son reflexo da formación que recibiu Kveta Pacovská na Escola de Artes Aplicadas de Praga onde entrou en contacto coas vangardas artísticas. Como se pode observar neste libro as ilustracións gardan moita similitude coas obras de artistas recoñecidos e de vangarda, primordialmente cubistas e expresionistas, como son Paul Klee, Joan Miró ou Wasilly Kandinsky. Esta similitude pódese observar nas seguintes imaxes: 


Iustración de Kveta Pacovská 


     
              Damunt Paper Ingres de Joan Miró
En el óvalo claro de Wassily Kandinsky

Ademáis de pintar tamén introduce a técnica do collage, que enriquece moito as ilustracións ao aportar tons e texturas diferentes. Esta mestura de diferentes técnicas é empregada en todas os seus libros infantís, como é o exemplo de Cincenta, O pequeno rei das flores ou A merenda.


Desta autora resaltamos a importancia que lle dá ás imaxes, considerando que a partir delas tamén se pode facer unha lectura da historia, pero dun xeito máis creativo e imaxinativo. Isto por exemplo é unha gran diferencia que atopamos con outros contos infantís onde se lle dá máis importancia ao texto e non se coida a estética das imaxes como un recurso máis para chamar a atención dos lectores.

Todas coincidimos en que Kveta Pacovská é unha creadora de verdadeiras obras de arte. As ilustracións gañan peso conforme se van pasando as páxinas e permiten que deixemos voar a imaxinación para identificar todo o que se narra cos diferentes debuxos e colaxes. Este tipo de libros que coidan a estética e que apostan pola arte de vangarda son os que deben estar presentes nas aulas de educación infantil.
Cando lle contemos unha historia aos pequenos e pequenas  debemos ser conscientes que as imaxes falan por si soas e que non toda a información se transmite coas palabras e o texto.   

       

Bibliografía
Wensell, U. (2003). Cap. 7. La ilustración de textos literarios dedicados a la infancia. En  La comunicación literaria en las primeras edades. (pp. 97-110). España: Ministerio de Educación, Subdirección General de Información y Publicaciones.


Webgrafía
[05/05/2014]


Blanco Piñeiro, Noelia 
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina 
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba

martes, 6 de mayo de 2014

A carapuchiña vermella máis abstracta de todos os tempos





O álbum que tratamos neste blog titúlase “Caperucita roja” da editorial Kókinos. Conta a historia de “ Carapuchiña vermella”, unha das que máis versións existen. A primeira versión que coñecemos é a recollida por Charles Perrault, escritor francés, principalmente recoñecido por dar forma literaria aos contos clásicos infantís coma " Caperucita Roja" e "El gato con botas", atemperando en moitos casos a crueza das versións orais. A segunda versión da que se nutre o conto que eliximos é a dos irmáns Grimm e a última versión é a do novelista e autor de contos británico, famoso como escritor para nenos e adultos, Roald Dahl. Entre os seus libros máis populares están "Charlie y la fábrica de chocolate", "James y el melocotón gigante", "Matilda" e " Las brujas"e "Relatos de lo inesperado".


Retomando a versión que estamos tratando neste blog, dicir que cando falamos dos irmáns Grimm, referímonos os escritores alemáns Jacob Grimm (1785-1863) e Wilhelm Grimm (1786-1859). Estes dous irmáns son coñecidos polos seus contos infantís e tamén polo "Diccionario alemán", as "Leyendas alemanas", a "Gramática alemana" a "Mitología alemana" e "Cuentos de la infancia y del hogar" (1812-1815).  Este último destaca por ser unha gran colección de contos recollidos de diferentes tradicións, a miúdo coñecida como "Los cuentos de hadas de los hermanos Grimm". 

Neste álbum coma ilustradora cabe destacar a Kveta Pacovská, unha pintora, escultora e ilustradora nacida en Praga no ano 1928. Comezou coa ilustración de contos infantís pola súa gran virtude co debuxo e polo intento de compartir ilustracións creativas cos seus fillos.

Gañou o premio  Hans Christian Andersen en 1992 e as súas obras máis destacadas son: “El pequeño rey de las flores” (1991); “ Teatro de Medianoche” (1992); “Hasta el infinito”(2008) e a nosa obra, a cal reflectimos neste blog ,“ Caperucita Roja” (2008).

Nós, coma futuras mestras de Educación Infantil, eliximos este álbum ilustrado pola súa orixinalidade, creatividade e atrevemento de ilustracións novidosas nun conto tradicional, xa que lle da unha renovación  á historia, embelecéndoa e espertando o gusto pola arte e  a abstracción nos nenos e nenas.



Webgrafía:




Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba