Mostrando entradas con la etiqueta pintura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pintura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de mayo de 2014

Con Carapuchiña Vermella somos artistas


Á hora de presentar un álbum ilustrado en calquera aula de educación infantil non só debemos centrarnos exclusivamente na súa lectura, senón que podemos ir máis alá, vinculándoo a outras manifestacións artísticas. Neste post presentaremos o noso proxecto didáctico sobre o álbum que escollemos, Caperucita Roja, caracterizado polas ilustracións de Kveta Pacovská. Todas as propostas que pensamos levar a cabo pretenden desenvolver os sentimentos estéticos dos nenos e nenas, capacitándoos para diferenciar entre o que pode resultar atractivo e artístico e o que non. As actividades organizarémolas para levar a cabo en catro de sesións, nunha aula con nenos e nenas de 3 a 4 anos.

Na asamblea presentarémoslle o conto de Caperucita Roja con imaxes demasiado estereotipadas, que pouco deixan voar a imaxinación e a creatividade dos máis pequenos e pequenas, para logo ensinarlle a nova versión ilustrada por Kveta Pacovská. Observarán detidamente as diferentes imaxes á vez que escoitaremos as numerosas ideas dos nenos e nenas, intentando que respondan ás seguintes cuestións que lles plantexariamos:

-          Qué conto vos gustan máis?
-          Qué personaxes vos gustaron máis?
-          Gustouvos a historia?
-          Que lobo vos da máis medo?
-          Cómo credes que están realizadas os debuxos dos personaxes?

De seguido, propoñemos realizar as nosas propias marionetas e decorados para logo representar a historia na aula. Para o decorado do bosque empregaremos uns cartóns arrugados que poden  sacar dalgunha caixa de cartón, unhas cáscaras de ovo, diferentes tapóns de plástico e virutas de madeira ou recortes de papel reciclado. Logo cortaranse unhas tiras de cartón e pegarémolas na base da cartolina onde pintamos un fondo sinxelo con ceo e campo verde.  Na parte da copa das árbores pegaremos as virutas, as cáscaras de ovo e as tapas de plástico.

Como a parte da historia transcorre dentro da casa da avoa sería interesante realizar unha pequena na que presentar a escena.  Para isto utilizaríamos caixas de cartón decoradas por nós mesmos con rotuladores, témperas ou ceras e a cama e o armario da avoa. Unha vez rematados os dous decorados principais poñémonos mans á obra cos personaxes principais, empregando de novo materias de refugallo: teas, rolos de papel, fieltro, cartolinas e cores e témperas para darlles un toque máis persoal.



Na terceira sesión, unha vez que teñamos listos decorados e personaxes representaremos a nosa propia versión do conto citado con anteriodade. Os nenos e nenas resultarán protagonistas desta actividade xa que será eles mesmos quenes guíen e interactúen coas propias creacións.

Posto que as ilustracións de Kveta Pacovská gardan moita similitude coa pintura de vangarda, concretamente expresionista e cubista, pensamos que resultaría interesante e útil achegar aos máis pequenos e pequenas a este tipo de manifestación artística. Para que a actividade resulte verdadeiramente productiva e significativa para eles consideramos apropiado proporcionarlle folios tamaño A4 e témperas ou pintura de dedos para que poidan representar as diferentes escenas da historia coas súas propias mans.


















Para rematar coa última sesión trataremos o tema do collage, técnica que emprega tamén Kveta Pacovská. Ofreceremos ao alumnado recortes de revistas, pegamento, tesoiras, cartolinas tamaño a A4 e teas. Cada neno e nena deberá escoller unha escena do conto que representará a través da técnica do collage. Finalmente recompilaremos todas estas creacións construíndo o noso propio álbum ilustrado.












Para avaliar o noso proxecto didáctico teremos en conta o interese e actitude dos nenos e nenas á hora de realizar as diferentes actividades. Outro xeito de avaliar sería observar se o alumnado se achega a todas aquelas creacións realizadas logo da lectura do conto. Entendemos que se mostran interese por todo o feito é porque resultou unha actividade significativa que espertou o seu interese e motivación.  Consideramos que cumprimos o noso principal obxectivo se espertamos neles curiosidade por este tipo de manifestacións e imaxes, acostumados a que o propio texto resulte máis importante.

Como futuras mestras de Educación Infantil pensamos que é fundamental ofrecer recursos aos nenos e nenas para desenvolver a súa capacidade de imaxinar e crear. Deste xeito, deixamos de lado os libros nos que ten demasiado peso o texto e as imaxes estereotipas para darlle cabida na aula aos álbumes ilustrados.
Como ben dixo Loris Malaguzzi “Los niños tienen 100 maneras de expresarse, pero le robamos 99”. Nós, os adultos debemos de ser conscientes que os álbumes ilustrados poden ser unha ferramente idónea para traballar outras formas de expresarse e de entender o mundo que o rodea.


Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Díaz, Alba


Webgrafía





Un álbum ilustrado cheo de pinceladas de cor!

Aqueles autores que intentaron definir o concepto de álbum ilustrado, coinciden na dificultade que supón encontrar unha definición que sexa satisfactoria, debido a súa complexidade, dado a súa recente aparición.
Según Lewis, un dos autores que dedicou gran parte do seu tempo a comprender o álbum ilustrado, advirte que dotar de significado ríxido o álbum ilustrado, pode ser perigoso, xa que posúe unha natureza mixta, xa que utiliza dous códigos simultáneos (imaxe e textos). O cal podemos definir como, un artefacto cultural multicanle, debido a que é creado e actualizado nun contexto cultural, aínda que non exclusivo do contexto no que se crea, que contén un texto cunha serie de imaxes, as cales adquiren o mesmo peso que o texto, e xuntas transmiten o significado global. Polo tanto, o significado é o produto de esta relación dinámica entre imaxe e texto, e carecería de sentido si se presentase por separado. Por elo, dise que o ritmo único das imaxes e as palabras funcionando xuntas, é o que distingue ós libros ilustrados de outras formas de arte visual e verbal (Perry Nodelman).
As historias dos álbums ilustrados plantexan aos nenos retos, por elo, este contribúe positivamente no seu desenrolo cognitivo, intelectual, estético e emocional. É dicir, como sinala Nodelman, “Los álbumes nos ofrecen todo lo que el buen arte nos ofrece”.
O  principal obxectivo dun álbum ilustrado é ser unha experiencia para os nenos, polo que o formato e a  tipoloxía contribúen a dar sentido á historia, e as cores e tonalidades das imaxes axudan a entender e interpretar mellor o narrado. Por elo, consideramos que o álbum ilustrado é un recurso adecuado para traballar a animación á lectura nos máis pequenos, xa que ensinan a mirar, a observar o mundo, o mundo no que vivimos dun xeito reflexivo, é dicir, a crear un proceso de aprendizaxe baseada na observación.
A lectura mediante os álbums ilustrados, permite:

  • Facer inferencias tanto do texto como da imaxe, o que axuda ó lector identificar, comparar, constatar e integrar información para construír o significado global.
  • Ofrece ao niño un andamiaxe para tipos de textos ou narracións máis complexas.
  • Presenta dunha maneira atractiva o mundo que lle rodea.
  • Contribúe á socialización cultural do neno.
  • Permite que os nenos e nenas exerciten o seu xuízo e aprendan a ser responsables.
  • Permite o desenrolo de habilidades sociais a presentar modelos de comportamento, que lles sirvan de referentes para a súa socialización.
Antes de realizar o comentario crítico do álbum elixido, imos facer unha presentación da obra dun xeito exhaustivo:

Título: “Un cadro de Van Gogh”
Autora: Claire D’Harcourt
Ilustrador:  LoÏc Le Gall
ISBN: 978-84-15250-58-6
Editorial: Faktoría de libros (selo da editorial Kalandraka)
Ano de edición: Edición orixinal ano 2010, edición da tradución 2013.

O tema principal da obra é unha profunda análise dun dos cadros máis importantes do pintor Van Gogh, este cadro denomínase: “A habitación de Van Gogh en Arles”. Ademais trata diversos temas secundarios coma un pequeno percorrido pola vida do pintor, e fai unha explicación baseada en doce detalles do lenzo a partir de elementos como a técnica pictórica, o tratamento da luz, os planos visuais e incluso citas do propio autor.
Esta obra fai que nos adentremos no cadro, podendo apreciar detalles e aspectos fascinantes; a luz é moi protagonista na súa obra xa que o pintor foi buscar á Provenza unha luz deslombarante para os seus cadros, ademais chama á atención as cores que emprega, son cores puras cheas de forza (coma o amarelo, verde e azul). Tamén fai especial fincapé nas pinceladas (son rápidas e longas), Van Gogh transmite co seu cadro moita tranquilidade e luminosidade, plasma a súa habitación con mobles daquela época que fai que nos adentremos un chico máis no século XIX.
Consegue que deixemos voar a nosa imaxinación e sintamos que estamos naquela habitación disfrutando dos obxectos, cores e incluso podemos deducir ó estado de ánimo.
Na obra os detalles cobran todo o protagonismo, nela podemos atopar información acerca da vida de Van Gogh para poder coñecer de onde era, como vivía, que lle sucedeu ou que sentía.
Consideramos que esta obra esta moi ben deseñada para que o público infantil teña un acercamento de xeito orixinal á pintura e a Van Gogh.
Van Gogh foi un dos pintores máis representativos do século XIX, e un claro referente postimpresionista. Surxiu novidade en diversos aspectos como foron: o trazo, este representábao cun toque de nerviosismo e tamén as súas pinceladas eran distintas, rápidas e moi sinuosas. A perspectiva tamén foi unha novidade xa que para moitos pintores é unha prioridade, pois Van Gogh non a tiña en conta á hora de realizar as súas obras.
Por suposto, este pintor tivo moita influencia nos que viñeron posteriormente, en vida o seu traballo non foi recoñecido, tan so era un pobre tolo e nada máis que vendeu un cadro. Hoxe en día é dos pintores máis importantes de toda á historia, un xenio imposible de imitar.
Na actualidade a temática da obra está moi presente en diversos lugares e momentos da vida cotiá como na casa, na escola... 
Cada vez máis, os mestres deciden traballar por proxectos, o tema da pintura e os pintores recoñecidos é un dos temas máis recorridos nas aulas, xa que é un tema moi interesantes, no cal os nenos/as mostran fascinación e interese pola lectura e pintura ao mesmo tempo. Na casa pasa o mesmo, é raro que exista unha casa sen cadros, os nenos/as preguntan cousas acerca deles e observan detalles que igual os adultos non se houberan decatado. É unha obra na cal o adulto ten que amosar constantemente o libro para que os nenos/as visualicen as imaxes e ademais ten explicar máis cousas das que están escritas xa que do contrario ó alumnado é posible que se lle escape información Amosando e explicando de xeito detallado xunto con anécdotas de Van Gogh o alumnado desfrutará máis da obra.
No tocante ás imaxes, dicir que achegan moita información que non aparece no texto. De feito observando as imaxes é cando se comprende a obra. Coas ilustracións descóbrese o segredo e a maxia da pintura de Van Gogh, a penetrante luz tan só se aprecia coas ilustracións, igual cas pinceladas do artista, as cores, o tipo do mobiliario, as estampas, ect. Por suposto, é moi importante coñecer o postimpresionismo, estilo de este autor é coas imaxes somos capaces de comprobar como é este estilo e os seus rasgos.
Mostrando IMG_20140521_191444.jpg
Sen lugar a dúbidas, sen as ilustración a obra non tería sentido xa que permiten afondar nos detalles do cuarto de Van Gogh e non só achegan información das imaxes tamén da vida do artista e de como él era, por exemplo nos seus trazos pódese observar o seu nerviosismo, no autorretrato o seu estado de ánimo, nas cores o seu forte carácter e a súa intensidade e con todas as ilustracións a capacidade de imaxinación.
As ilustracións da obra corresponden a técnica de fotografía impresa, simulan a perfección o cadro, parécennos moi apropiadas para o álbum.
O ilustrador desta obra é LoÏc Le Gall, é un apaixonado da pintura é un xenio en dar a coñecer a pintura ó público infantil. Todas e cada unha das páxinas tanto o contido como as imaxes son unha sorpresa, máxicas e novidosas dende a primeira folla ata á última. 
En definitiva, é unha obra moi orixinal da que queremos destacar o fermoso cartel despregable que se atopa ó final do álbum, unha ilustración de todo o cadro completo. Sen lugar a dúbidas, estamos convencidas que nun futuro traballaremos na aula cos contos da autora Claire D’Harcourt, cheos de sabedoría, beleza, forza e imaxinación.

Referencias:


-Álbum ilustrado. (2014, 8 de maio). Wikipedia, A enciclopedia libre. Data de consulta: maio 10, 2014 dende http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=%C3%81lbum_ilustrado&oldid=74277442.

-Lebrero Baena,M.J(1998). Especialización del profesorado en Educación Infantil (0-6 años). UNED,Madrid.

-Fernández Quirós, Esther (2010). “El arte y la literatura infantil y juvenil a través de un modelo de álbum ilustrado”. Hekademos: Revista Educativa Digital. Artigo dispoñíbel en: file:///C:/Users/usuario/Downloads/Dialnet-ElArteYLaLiteraturaInfantilYJuvenilATravesDeUnMode-3745675.pdf

-Lobato Rodríguez, María Jose e Hoster Cabo, Beatriz (2011). “Acercamiento a los museos, al arte y al artista a través del álbum ilustrado”. Educación Artística: Revista de Investigación. Artigo dispoñíbel en:http://ojs.uv.es/index.php/eari/article/view/2516/2065

-Colomer, T. (1996). "El álbum y el texto".Peonza, 39
               

Díaz Rodríguez, Laura
Fernández Regueiro, Carmen
Lamas Ogaza, Antía