Mostrando entradas con la etiqueta Charles Perrault. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charles Perrault. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de mayo de 2014

Album ilustrado de Kveta Pacovská para deixar voar a imaxinación.

          Como grupo de traballo pensamos que o mellor xeito de achegar aos nenos e nenas de Educación Infantil ás diversas manifestacións da literatura infantil é a través de libros pensados para eles, con diferentes imaxes que cheguen a captar a súa atención e interese. Como futuras mestras debemos aproveitar ese afecto fascinado dos nenos e nenas ante a contemplación de imaxes para animar e espertar o seu interese lector. Aínda que non o pareza, debemos deixar clara, a importancia que teñen as imaxes nos libros para os nenos e nenas de idades moi temperás. Calquera imaxe pode chegar a transmitir significados, contidos e mensaxes. 

            Os libros ilustrados de gran formato son os coñecidos como álbums, sendo aqueles primeiros libros de contido literario narrativo que os nenos e nenas poden ter nas súas mans. Estes libros de gran formato son con frecuencia máis demandados polos nenos e nenas de corta idade fronte aos libros de imaxes de formato máis pequeno, que poden servir xa en preescolar como estímulo á lectura. Estes xeralmente gozan de ilustracións de maior interese artístico que os de menor formato e menor prezo, ademais dun posible estímulo para a lectura, proporcionan aos máis cativos unha experiencia próxima ao goce estético. Esta cuestión xoga un papel fundamental na educación da súa sensibilidade e no desenvolvemento da súa capacidade para gozar das obras de arte gráfica e pictórica, servindo de achega cara unha primeira educación artística.

Entre os álbums ilustrados que se nos presentaron escollemos o conto de Caperucita Roja, dos irmáns Grimm con ilustracións de Kveta Pacovská, do ano 2008, editado por Kókinos en Madrid. A primeira versión do conto é de Charles Perrault, quen recolleu a historia de tradición oral e a incluiu no ano 1697 nun volumen de contos que recibiu o nome de Historias e contos de tempos pasados. Esta primeira versión é mais cruel, mostrando ao lobo máis feroz que devora a avóa de carapuchiña vermella e que ten un pensamentos máis atravesados que na versión que manexamos. Adaptando a versión dos Irmáns Grimm aparece Kveta Pacovská, mesturando unha adaptación do texto  deles con impactantes ilustracións de vangarda.

Carapuchiña vermella e o lobo de Gustav Doré. 
Carapuchiña vermella e o lobo de Kveta Pacovská
No referente ao texto, esta autora e artista respecta bastante a estructura da versión dos Irmáns Grimm do ano 1812 e engade pequenas variacións. O tema principal da historia sería que unha nena se arrisca a escoitar a un descoñecido, se deixa persuadir e convencer polas súas palabras e acaba sendo traicionada por él. Os subtemas que se poden extraer desta historia sería que non se confíe nos descoñecidos, que se faga caso aos consellos da nai, o bosque como lugar inseguro… No referente ás pequenas variacións destacamos que na versión dos irmáns Grimm carapuchiña levaba na súa cesta un cacho de pastel e unha botella de viño mentres que nesta versión que manexamos nós leva ademais un tarro de mel. Outra variante que puidemos observar, e que nos chamou a atención, fai referencia á expresión que emprega o lobo cando quere comer á rapaza: na versión tradicional grita “es para comerte mejor” mentres que na versión de Kveta Pacovská dí “es para tragarte mejor”.

O novidoso deste álbum ilustrado son as imaxes, que deixan voar a imaxinación e non gardan ningunha similitude coas que aparecen nos libros tradicionais. Estas imaxes son reflexo da formación que recibiu Kveta Pacovská na Escola de Artes Aplicadas de Praga onde entrou en contacto coas vangardas artísticas. Como se pode observar neste libro as ilustracións gardan moita similitude coas obras de artistas recoñecidos e de vangarda, primordialmente cubistas e expresionistas, como son Paul Klee, Joan Miró ou Wasilly Kandinsky. Esta similitude pódese observar nas seguintes imaxes: 


Iustración de Kveta Pacovská 


     
              Damunt Paper Ingres de Joan Miró
En el óvalo claro de Wassily Kandinsky

Ademáis de pintar tamén introduce a técnica do collage, que enriquece moito as ilustracións ao aportar tons e texturas diferentes. Esta mestura de diferentes técnicas é empregada en todas os seus libros infantís, como é o exemplo de Cincenta, O pequeno rei das flores ou A merenda.


Desta autora resaltamos a importancia que lle dá ás imaxes, considerando que a partir delas tamén se pode facer unha lectura da historia, pero dun xeito máis creativo e imaxinativo. Isto por exemplo é unha gran diferencia que atopamos con outros contos infantís onde se lle dá máis importancia ao texto e non se coida a estética das imaxes como un recurso máis para chamar a atención dos lectores.

Todas coincidimos en que Kveta Pacovská é unha creadora de verdadeiras obras de arte. As ilustracións gañan peso conforme se van pasando as páxinas e permiten que deixemos voar a imaxinación para identificar todo o que se narra cos diferentes debuxos e colaxes. Este tipo de libros que coidan a estética e que apostan pola arte de vangarda son os que deben estar presentes nas aulas de educación infantil.
Cando lle contemos unha historia aos pequenos e pequenas  debemos ser conscientes que as imaxes falan por si soas e que non toda a información se transmite coas palabras e o texto.   

       

Bibliografía
Wensell, U. (2003). Cap. 7. La ilustración de textos literarios dedicados a la infancia. En  La comunicación literaria en las primeras edades. (pp. 97-110). España: Ministerio de Educación, Subdirección General de Información y Publicaciones.


Webgrafía
[05/05/2014]


Blanco Piñeiro, Noelia 
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina 
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba

jueves, 8 de mayo de 2014

A elegante e sedutora Cincenta dos anos 20






Nesta entrada queremos presentarvos o álbum co que vamos a traballar o noso grupo. O elixido foi A Cincenta de Perrault (autor) e Innocenti (ilustrador), da editorial SM. Ámbolos dous, tanto autor como ilustrador conseguiron crear unha magnífica obra.

Charles Perrault foi un escritor francés recoñecido por dar forma literaria a contos clásicos como A Cincenta ou Carrapuchiña vermella. Este naceu en París no 1628 nunha familia burguesa. Polo que asistiu ás mellores escolas e tivo unha boa infancia.
Entre as súas obras podemos atopar o poema El siglo de Luis el Grande (1687) e Comparación entre antiguos y modernos (1688). Máis tarde escribiu Cuentos de mamá ganso, o cal significou o inicio dun novo estilo na literatura, os contos de fadas. Este inclúe contos como  Barba Azul, O gato con botas ou As fadas, entre outros.
Morreu o 16 de maio do 1703.

O ilustrador deste álbum é Roberto Innocenti, o cal naceu en Florencia (Italia) no 1940. A súa formación foi autodidacta, xa que estivo traballando en lugares como un estudo de animación, foi vendedor nunha galería de arte e grafista publicitario.
Este ilustrou textos de autores como Hoffmann, Perrault, Wilde, Gallaz ou Dickens, entre outros. Grazas as súas ilustracións obtivo importantes premios como a Mazá de Ouro na Bienal de Ilustración de Bratislava, a Medalla de Plata da Sociedade de Ilustradores de Nova York e o Premio Hans Christian Andersen no 2008.
Outras obras del son La niña de rojo, Rosa blanca, La casa, La historia de Erika e La comarca fértil, entre outras.


O motivo polo que nos decantamos por esta obra é a súa orixinalidade e estilo. As ilustracións son totalmente diferentes ó que estamos acostumados a ver nas aulas de infantil, xa que este atopámolo ambientado nos anos 20 de Londres.
Consideramos que é moi apropiado ensinarlle ó alumnado diferentes estilos de contos, que se comecen a interesar por outro debuxo distinto ó que ven a diario.
Con este álbum centrarémonos en aspectos como son as imaxes e o texto. No referente á vestimenta dos personaxes e o ambiente, se nas imaxes aparece información que non se narra  no texto, facendo unha comparación coa historia que nós coñecemos e analizando se a composición é pouco habitual en infantil.


No seguinte enlace podedes ler o libro:
E neste podedes ler outros libros do mesmo autor:


WEBGRAFÍA

http://es.wikipedia.org/wiki/Cenicienta



Arias López, María
Castiñeira López, María José
Díaz Armesto, Goretti

martes, 6 de mayo de 2014

A carapuchiña vermella máis abstracta de todos os tempos





O álbum que tratamos neste blog titúlase “Caperucita roja” da editorial Kókinos. Conta a historia de “ Carapuchiña vermella”, unha das que máis versións existen. A primeira versión que coñecemos é a recollida por Charles Perrault, escritor francés, principalmente recoñecido por dar forma literaria aos contos clásicos infantís coma " Caperucita Roja" e "El gato con botas", atemperando en moitos casos a crueza das versións orais. A segunda versión da que se nutre o conto que eliximos é a dos irmáns Grimm e a última versión é a do novelista e autor de contos británico, famoso como escritor para nenos e adultos, Roald Dahl. Entre os seus libros máis populares están "Charlie y la fábrica de chocolate", "James y el melocotón gigante", "Matilda" e " Las brujas"e "Relatos de lo inesperado".


Retomando a versión que estamos tratando neste blog, dicir que cando falamos dos irmáns Grimm, referímonos os escritores alemáns Jacob Grimm (1785-1863) e Wilhelm Grimm (1786-1859). Estes dous irmáns son coñecidos polos seus contos infantís e tamén polo "Diccionario alemán", as "Leyendas alemanas", a "Gramática alemana" a "Mitología alemana" e "Cuentos de la infancia y del hogar" (1812-1815).  Este último destaca por ser unha gran colección de contos recollidos de diferentes tradicións, a miúdo coñecida como "Los cuentos de hadas de los hermanos Grimm". 

Neste álbum coma ilustradora cabe destacar a Kveta Pacovská, unha pintora, escultora e ilustradora nacida en Praga no ano 1928. Comezou coa ilustración de contos infantís pola súa gran virtude co debuxo e polo intento de compartir ilustracións creativas cos seus fillos.

Gañou o premio  Hans Christian Andersen en 1992 e as súas obras máis destacadas son: “El pequeño rey de las flores” (1991); “ Teatro de Medianoche” (1992); “Hasta el infinito”(2008) e a nosa obra, a cal reflectimos neste blog ,“ Caperucita Roja” (2008).

Nós, coma futuras mestras de Educación Infantil, eliximos este álbum ilustrado pola súa orixinalidade, creatividade e atrevemento de ilustracións novidosas nun conto tradicional, xa que lle da unha renovación  á historia, embelecéndoa e espertando o gusto pola arte e  a abstracción nos nenos e nenas.



Webgrafía:




Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba