Mostrando entradas con la etiqueta Jimmy Liao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jimmy Liao. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de mayo de 2014

O álbum ilustrado nos ollos de "El pez que sonreía"

Dar unha definición concreta de álbum ilustrado é moi complexo, pero baixo o noso punto de vista, unha das definición que máis encaixa con este concepto sería a seguinte:

“un tipo de libro en el que texto e ilustraciones se complementan para componer un relato integral, con una fuerte preponderancia gráfica que, mediante la lectura visual, incita al lector a una interpretación narrativa que va más allá de las palabras. La clave del género está justamente en esa relación entre ambos lenguajes, una conexión que puede adoptar diferentes rasgos según la intencionalidad de los autores”. (Villar Arellano)
Polo tanto, o álbum ilustrado é unha obra literaria que está destinada tanto ao público infantil como ao xuvenil e que complementa de xeito coherente un contido textual e unha ilustración.

A continuación faremos unha breve análise do conto: Liao, J. (2010). El pez que sonreía. Barbara Fiore Editora. (ISBN 9788493750671).



Neste libro relátase a historia dun home que vía todos os días a un pez no escaparate que lle sorría. O protagonista decidiu mercalo, pero tivo un soño a raíz do cal se decatou de que este sería moito máis feliz en liberdade, polo que decidiu devolvelo ao mar. Ao noso entender, este álbum ensina a importancia de antepoñer as necesidades dos animais aos caprichos do ser humano, é dicir, o home quería o peixe pero sabía que este ía ser máis feliz vivindo no mar polo que tomou a decisión de liberalo. A través deste libro os nenos e nenas poden aprender a importancia de responsabilizarse dos animais, do coidado do medio (evitar deixar o lixo nas praias para que estes non inxiran ou se vexan atrapados en plásticos e redes).

En canto ao texto, queremos resaltar que emprega frases moi curtas e léxico sinxelo, de fácil comprensión para o alumnado de educación infantil. As imaxes son, ao noso entender, moi boas porque están relacionadas co texto, son de interese para os nenos e nenas, son abundantes e foxen dos estereotipos. O texto e a imaxe están tan ben combinados que en ocasións o texto é omitido para deixar espazo á imaxe que é a encargada de seguir contando a historia sen palabras.


Ademais o autor do libro, que é tamén o seu ilustrador, emprega unha técnica de debuxo moi apropiada neste conto, as acuarelas, que producen no álbum un efecto acuoso, ideal para contar a historia dun peixe que vive na auga. As súas ilustracións caracterízanse por ser imaxes moi creativas, propias de este autor e ilustrador.


Tras valorar a relación que existe entre o texto e as ilustracións, podemos concluír que son boas, posto que amplían a historia ao lector, son apropiadas e transmiten sentimentos.


Finalmente facer referencia á súa adaptación a debuxos animados, que foi “Premio Especial al Mejor Cortometraje de Animación del Festival Internacional de Berlín” no anoo 2006.
Segundo a propia editora "En apariencia simple, la cinta nos invita a abrir los corazones hacia la verdad de que, si liberas algo, tú también eres libre". 

Referencias bibliográficas
  • Arellano, V. El álbum ilustrado: un género en alza. Dispoñible en: 
  • Liao, J. (2010). El pez que sonreía. Barbara Fiore Editora
  • Curtametraxe El pez que sonreía, dispoñible en:

https://www.youtube.com/watch?v=DJiWJihcuIs 

García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura

“El pez que sonreía”, o eterno sorriso.


O álbum que vos queremos presentar leva como título El pez que sonreía, o seu autor e ilustrador é Jimmy Liao, e a súa editora Barbara Fiore, no ano 2010. É un álbum que nos invita á reflexión a partir da historia dun home que se decata de que o seu peixe nunca vai a ser feliz senón é libre, a pesar do seu sorriso.

 Jimmy Liao é un autor Taiwanés, nacido en 1958. Despois dunha vida practicamente dedicada á publicidade, Jimmy Liao sofre unha dura enfermidade, a leucemia, que logra superar, o que fai que se volva a formular o sentido do seu futuro. 

A súa gran paixón era o debuxo, polo que aos 40 anos decide cambiar o rumbo da súa vida, deixar o seu traballo e dedicarse plenamente a escribir e debuxar as súas propias obras, destinadas tanto ao público infantil como ao público adulto. Tras as súas primeiras publicacións, Secretos en el Bosque (1998), e El pez que sonreía (1998), Jimmy Liao comezou a tomar transcendencia neste mundo e en diversos países, as súas obras están traducidas a múltiples idiomas, e foron adaptadas a diversos medios como albumes musicais, series de televisión, obras teatrais ou películas. Algúns dos albumes ilustrados a destacar deste autor son:  La noche estrellada, Esconterse en un rincón del mundo, ou El sonido de los colores.

Este álbum chamounos moito a atención para traballar en educación infantil principalmente polas súas ilustracións e o seu texto. O primeiro que vemos ao abrir un conto son os seus debuxos, que fan do álbum un bo recurso para afastarnos do mundo real e somerxernos no da nosa creatividade e imaxinación. Pois ben, El pez que sonreía, causa moi boas sensacións xa que as súas ilustracións caracterízanse por estar cheas dun cor azul moi acuoso. Son imaxes cheas de vida que falan por si solas e que se acompañan dun texto moi sinxelo, e mesmo nalgunha das súas páxinas prescinde totalmente do mesmo. 


Parécennos moi interesante empregar este tipo de albumes ilustrados en educación infantil posto que, como xa dixemos anteriormente, invítannos a reflexionar, a formar un criterio propio. A través de contos como o que presentamos podemos traballar na aula diferentes aspectos como o verdadeiro sentido da amizade; cuestións emocionais, tales como o significado que para nós ten a liberdade; a felicidade e o sorriso, etc. 

Enlaces de interese:

- Entrevista ao autor Jimmy Liao, dispoñible en:


- Curtametraxe baseada no álbum, dispoñible en:


Referencia bilbiográfica:

Liao, Jimmy (2010): El pez que sonreía: Barbara Fiore Editora
García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura