Mostrando entradas con la etiqueta lij. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lij. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de mayo de 2014

Arte para todos e todas, Van Gogh!

O álbum elexido titúlase “Un cadro para Van Gogh”, a autora da obra é Claire D’Harcourt. O tema principal é unha análise acerca dun dos cadros máis importantes da historia do arte, o cuarto de Van Gogh en Arles.
Claire d'Harcourt foi unha escritora Francésa, autora de libros tanto infantís coma de adultos. Ademáis creou  edicións « La Cuerda Floja », incluíndo « Du Coq à l'Ane », « Llanto a la risa » e a serie "Una mirada más cercana". Adicado á historia do arte e a vida cotidiana.
Algunha das súas obras más destacadas son :
  • Trabajar escultores , con Beatrice Fontanela , Galimard Juventud, 1993.
  • Los bebés de Epic con Beatrice Fontanela , La Martinière, 1999 2010.
  • Arte bajo el microscopio , Seuil, 2000.
  • El Louvre en primer plano , Seuil, 2001.
  • Los hábitos , Seuil, 2001.
  • El Louvre bajo el microscopio , Seuil, 2001.
  • París bajo el microscopio , Seuil, 2002.
  • Polla en el culo , Seuil, 2002.
  • Batallas , Seuil, 2003.
  • Obras maestras bajo el microscopio , Seuil, 2004.
  • Familias bajo el microscopio , Seuil, 2006.
  • Llanto a la risa , Seuil, 2006.
  • Viaja en un cuadro de Van Gogh , Paleta, 2008.
  • Viaja en un arsenal de Miro , Paleta, 2008.
  • Viaja en un arsenal de Seurat, domingo por la tarde en la isla Jatte , Paleta, 2008.
  • Viajar en una pintura de Picasso, Guernica , Paleta, 2008.
  • Viaja en un arsenal de Brueghel, parque infantil , paleta, 2008.
  • Viaja en un Botticelli, El nacimiento de Venus , Paleta, 2008.
  • Levántate , Paleta, 2008.
  • Viajar en una pintura de Velázquez: Las Meninas , Paleta, 2008.
  • Viaja en un arsenal de Kandinsky , Paleta, 2008.
  • Los bebés del mundo , con Beatrice Fontanela, La Martinière, 2009.

O ilustardor é LoÏc Le Gall, diseñador independiente dende 1999.
Existiron diversas razóns polas cales eleximos esta obra para traballar. A primeira de elas foi que nos conquistou a súa temática, as tres integrantes do grupo encántanos a historia do arte e por suposto Van Gogh. O contido deste libro é realmente espectacular xa que fai un análise detallado do cuadro : O cuarto de Van Gogh en Arles, dun xeito creativo que tan só con miralo fai que nos adentremos no cadro.
 Outra das razón que nos levaron a decantarnos por el, foron as impresionantes ilustracións, fan que se observe durante un bo anaco sen poder apartar a mirada para que non se escape nada do que está plasmado. Son ilustracións orixinais e cun componente de enganche para o público que o lea, tanto infantil coma xuvenil. Tamén estamos de acordo con que é un libro que aporta moito coñecemento aos nenos/as xa que se adentran no mundo da pintura a través dunha narración moi familiar para eles, un pintor que amosa o seu cuarto empregando cores moi chamativas (o verde, amarelo, azul e outras cores puras, intensas e brillantes).
Ademáis esta obra axuda a desenrolar a creatividade e a imaxinación e nos fai entrar en contacto cun mundo de fantasía, estamos convencidas de que o alumnado se surmerxerá na historia e podrá entrar en contacto coa realidade daquel momento que representa a obra, chegando a transladarse o siglo XIX xa que este era un dos propósitos de Van Gogh con moidas das súas obras, deste xeito o alumnado podrá establecer moitas comparacións.
A partir desta obra é interesante e factible poder levar a cabo un proxecto nun aula de Educación Infantil acerca de Van Gogh, ou incluso acerca de diversas obras.           Consideramos que é moi necesario que os nenos/as se adentren na literatura, con este albúm é unha forma de que fagan de xeito motivante, estamos convencidas de que a obra fomenta e potencia a lectura polo seu carácter especial e imaxinativo.
Autorretrato de Van Gogh
(realizado por un neno)
Os aspectos que íamos traballar co noso álbum son as ilustracións, o texto, as cores, as pinceladas, os autorretratos e as formas, o estilo etc.

Bibliografía y webgrafía


Fernández Regueiro, Carmen
Díaz Rodríguez, Laura
Lamas Ogaza, Antía

Unha proposta didáctica mergudalla en El pez que sonreía


Ao longo deste post, poderemos ver a proposta dun proxecto destinado a traballar en educación infantil, o desenvolvemento dos sentimentos estéticos. Partimos da obra que eliximos para traballar, “El pez que sonreía”, como xa vimos en post anteriores, pódese relacionar coa arte e coa educación visual, polas imaxes que ofrece, por este motivo, decidimos traballar a ilustración de contos. Pensamos que a ilustración é unha boa ferramenta para desenvolver no alumnado a capacidade de expresión dos sentimentos.

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
Agrupamento: pequenos grupos, cada grupo de nenos e nenas ilustrará unha parte do conto.

Temporalización: este proxecto está previsto para desenvolverse no transcurso dunha semana, concretamente nas sesións da tarde, podendo abarcar de hora e media a dúas horas diarias dependendo das necesidades do alumando.

Obxectivos:
ü  Fomentar unha actitude reflexiva e crítica ante a produción artística e ante o ensino da expresión plástica e visual.
ü  Interiorizar, incorporar e valorar o debuxo como unha verdadeira ferramenta de expresión.
ü  Valorar a estética dos obxectos que nos rodean na vida diaria.
ü  Aprender a xerar unha estética persoal ao marxe da convección e os modelos establecidos.
ü  Adquirir estratexias para ilustrar textos, tendo en conta o imaxinario do neno/a.
ü  Adquirir formas de facer abertas que non buscan un único resultado se non que son froito da proba, da observación, da experimentación… para chegar ao noso resultado propio e persoal.
ü  Valorar as producións persoais e afastarse da idea do resultado único.

Desenvolvemento:
Actividade 1: Lectura do conto “El pez que sonreía”
Comezaremos este proxecto lendo este conto e observando as súas marabillosas imaxes, na asemblea. Unha vez rematado, propoñeremos ao alumando que comparta o que sentiu ao ler o libro, que lles pareceu, se lles gustou ou non. Por último, deixariamos o libro no recanto da asemblea para que os nenos e nenas o empregaran sempre que quixeran ou o necesitaran.

      Actividade 2: Elaboración do noso propio conto
A partir do conto “El pez que sonreía”, decidimos ilustrar outro conto, o cal tamén contaría con un peixe como personaxe protagonista. Eliximos un conto ruso, de tradición oral que trata tamén sobre valores, neste caso fomenta o valor de apreciar o que temos e non ser ten materialistas e querer abarcalo todo. O conto di así:

“Érase unha vez un pescador que vivía coa súa muller nunha antiga cabana. Un día, este pescador saíu de pesca, e pescou un peixe dourado que lle dixo: - “ancián, devólveme ao mar e dareiche todo o que desexes por moi caro que sexa”- O pescador devolveu o peixe ao mar sen pedir ningún desexo. Cando chegou a casa e contoulle todo a muller, esta púxose furiosa e díxolle: -“estás tolo!, non soubeches que pedirlle ao peixe?”, lévalle este balde roto para lavar a roupa e pídelle un novo”-. O peixe díxolle, - “non te preocupes, terás un balde novo”- . Pero a muller ao ver o balde novo díxolle ao marido: -“tolo, dentro do balde non vamos vivir, volve e pídelle unha cabana nova”-. O peixe de novo concedeulle o desexo e a muller tivo a súa nova cabana. Pero isto non foi suficiente, e a muller ao ver o marido díxolle: -“Non quero ser campesiña quero ser burguesa”-. Aínda así, non contenta co que tiña, a muller quixo ser a dona do mar e da terra, e despois do mundo, así que o pescador volveu xunto do peixe e díxolle: -“ A miña muller quere ser a dona do mundo”- , pero o peixe deu un salto meténdose na auga e salpicando ao pescador. Cando chegou de pescar, o pescador veu que todo desaparecera e só quedaba a súa antiga cabana.”
Para facer as ilustracións, dividiriámonos en pequenos grupos, de tres ou catro persoas, e cada grupo ilustraría unha parte do conto.
Para isto empregaríamos o seguinte material: cartolinas tamaño A3, lapis de cores, ceras, témperas, botóns, goma eva, abelorios, plastilina, elementos naturais como pequenas ramas de árbores e diversos materiais de refugallo (botellas de plástico, tapóns, anacos de teas, cortiza, …
As ilustracións ocuparían a totalidade das cartolinas tamaño A3 e nelas iría incluído o texto.
A continuación, vemos o posible resultado deste conto:





























Actividade 3: Exposición e lectura do noso conto
Para rematar o proxecto, pensamos en colgar o noso conto no corredor, a modo de exposición, para que todos os nenos e nenas do centro puideran observalo e lelo sempre que quixeran. Tamén aproveitaríamos para comparalo co conto de “El pez que sonreía” e ver que semellanzas e diferenzas atopamos entre os dous contos.

Conclusión: Pensamos que este proxecto pode ser de gran utilidade en educación infantil, non só para a educación dos sentimentos estéticos como xa comentamos, se non tamén para desenvolver nos nenos e nenas a creatividade e imaxinación, pois estes terían que ilustrar o conto so a partir do texto. Tamén pensamos que tería bastante éxito, pois aos nenos e nenas gústalles experimentar con diversos tipos de materiais e con este proxecto damos esa oportunidade, ademais de deixarlles investigar e decidir o tipo de materiais a empregar así como tamén o deseño da ilustración. Cremos que sería un proxecto motivador e ameno para realizar en educación infantil. 

Webgrafía:
http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/rus/puchkin/el_pescador_y_el_pez_dorado.htm (Recuperado o 10 de Maio de 2014)

García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura

martes, 20 de mayo de 2014

O álbum ilustrado nos ollos de "El pez que sonreía"

Dar unha definición concreta de álbum ilustrado é moi complexo, pero baixo o noso punto de vista, unha das definición que máis encaixa con este concepto sería a seguinte:

“un tipo de libro en el que texto e ilustraciones se complementan para componer un relato integral, con una fuerte preponderancia gráfica que, mediante la lectura visual, incita al lector a una interpretación narrativa que va más allá de las palabras. La clave del género está justamente en esa relación entre ambos lenguajes, una conexión que puede adoptar diferentes rasgos según la intencionalidad de los autores”. (Villar Arellano)
Polo tanto, o álbum ilustrado é unha obra literaria que está destinada tanto ao público infantil como ao xuvenil e que complementa de xeito coherente un contido textual e unha ilustración.

A continuación faremos unha breve análise do conto: Liao, J. (2010). El pez que sonreía. Barbara Fiore Editora. (ISBN 9788493750671).



Neste libro relátase a historia dun home que vía todos os días a un pez no escaparate que lle sorría. O protagonista decidiu mercalo, pero tivo un soño a raíz do cal se decatou de que este sería moito máis feliz en liberdade, polo que decidiu devolvelo ao mar. Ao noso entender, este álbum ensina a importancia de antepoñer as necesidades dos animais aos caprichos do ser humano, é dicir, o home quería o peixe pero sabía que este ía ser máis feliz vivindo no mar polo que tomou a decisión de liberalo. A través deste libro os nenos e nenas poden aprender a importancia de responsabilizarse dos animais, do coidado do medio (evitar deixar o lixo nas praias para que estes non inxiran ou se vexan atrapados en plásticos e redes).

En canto ao texto, queremos resaltar que emprega frases moi curtas e léxico sinxelo, de fácil comprensión para o alumnado de educación infantil. As imaxes son, ao noso entender, moi boas porque están relacionadas co texto, son de interese para os nenos e nenas, son abundantes e foxen dos estereotipos. O texto e a imaxe están tan ben combinados que en ocasións o texto é omitido para deixar espazo á imaxe que é a encargada de seguir contando a historia sen palabras.


Ademais o autor do libro, que é tamén o seu ilustrador, emprega unha técnica de debuxo moi apropiada neste conto, as acuarelas, que producen no álbum un efecto acuoso, ideal para contar a historia dun peixe que vive na auga. As súas ilustracións caracterízanse por ser imaxes moi creativas, propias de este autor e ilustrador.


Tras valorar a relación que existe entre o texto e as ilustracións, podemos concluír que son boas, posto que amplían a historia ao lector, son apropiadas e transmiten sentimentos.


Finalmente facer referencia á súa adaptación a debuxos animados, que foi “Premio Especial al Mejor Cortometraje de Animación del Festival Internacional de Berlín” no anoo 2006.
Segundo a propia editora "En apariencia simple, la cinta nos invita a abrir los corazones hacia la verdad de que, si liberas algo, tú también eres libre". 

Referencias bibliográficas
  • Arellano, V. El álbum ilustrado: un género en alza. Dispoñible en: 
  • Liao, J. (2010). El pez que sonreía. Barbara Fiore Editora
  • Curtametraxe El pez que sonreía, dispoñible en:

https://www.youtube.com/watch?v=DJiWJihcuIs 

García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura

“El pez que sonreía”, o eterno sorriso.


O álbum que vos queremos presentar leva como título El pez que sonreía, o seu autor e ilustrador é Jimmy Liao, e a súa editora Barbara Fiore, no ano 2010. É un álbum que nos invita á reflexión a partir da historia dun home que se decata de que o seu peixe nunca vai a ser feliz senón é libre, a pesar do seu sorriso.

 Jimmy Liao é un autor Taiwanés, nacido en 1958. Despois dunha vida practicamente dedicada á publicidade, Jimmy Liao sofre unha dura enfermidade, a leucemia, que logra superar, o que fai que se volva a formular o sentido do seu futuro. 

A súa gran paixón era o debuxo, polo que aos 40 anos decide cambiar o rumbo da súa vida, deixar o seu traballo e dedicarse plenamente a escribir e debuxar as súas propias obras, destinadas tanto ao público infantil como ao público adulto. Tras as súas primeiras publicacións, Secretos en el Bosque (1998), e El pez que sonreía (1998), Jimmy Liao comezou a tomar transcendencia neste mundo e en diversos países, as súas obras están traducidas a múltiples idiomas, e foron adaptadas a diversos medios como albumes musicais, series de televisión, obras teatrais ou películas. Algúns dos albumes ilustrados a destacar deste autor son:  La noche estrellada, Esconterse en un rincón del mundo, ou El sonido de los colores.

Este álbum chamounos moito a atención para traballar en educación infantil principalmente polas súas ilustracións e o seu texto. O primeiro que vemos ao abrir un conto son os seus debuxos, que fan do álbum un bo recurso para afastarnos do mundo real e somerxernos no da nosa creatividade e imaxinación. Pois ben, El pez que sonreía, causa moi boas sensacións xa que as súas ilustracións caracterízanse por estar cheas dun cor azul moi acuoso. Son imaxes cheas de vida que falan por si solas e que se acompañan dun texto moi sinxelo, e mesmo nalgunha das súas páxinas prescinde totalmente do mesmo. 


Parécennos moi interesante empregar este tipo de albumes ilustrados en educación infantil posto que, como xa dixemos anteriormente, invítannos a reflexionar, a formar un criterio propio. A través de contos como o que presentamos podemos traballar na aula diferentes aspectos como o verdadeiro sentido da amizade; cuestións emocionais, tales como o significado que para nós ten a liberdade; a felicidade e o sorriso, etc. 

Enlaces de interese:

- Entrevista ao autor Jimmy Liao, dispoñible en:


- Curtametraxe baseada no álbum, dispoñible en:


Referencia bilbiográfica:

Liao, Jimmy (2010): El pez que sonreía: Barbara Fiore Editora
García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura