jueves, 8 de mayo de 2014

A elegante e sedutora Cincenta dos anos 20






Nesta entrada queremos presentarvos o álbum co que vamos a traballar o noso grupo. O elixido foi A Cincenta de Perrault (autor) e Innocenti (ilustrador), da editorial SM. Ámbolos dous, tanto autor como ilustrador conseguiron crear unha magnífica obra.

Charles Perrault foi un escritor francés recoñecido por dar forma literaria a contos clásicos como A Cincenta ou Carrapuchiña vermella. Este naceu en París no 1628 nunha familia burguesa. Polo que asistiu ás mellores escolas e tivo unha boa infancia.
Entre as súas obras podemos atopar o poema El siglo de Luis el Grande (1687) e Comparación entre antiguos y modernos (1688). Máis tarde escribiu Cuentos de mamá ganso, o cal significou o inicio dun novo estilo na literatura, os contos de fadas. Este inclúe contos como  Barba Azul, O gato con botas ou As fadas, entre outros.
Morreu o 16 de maio do 1703.

O ilustrador deste álbum é Roberto Innocenti, o cal naceu en Florencia (Italia) no 1940. A súa formación foi autodidacta, xa que estivo traballando en lugares como un estudo de animación, foi vendedor nunha galería de arte e grafista publicitario.
Este ilustrou textos de autores como Hoffmann, Perrault, Wilde, Gallaz ou Dickens, entre outros. Grazas as súas ilustracións obtivo importantes premios como a Mazá de Ouro na Bienal de Ilustración de Bratislava, a Medalla de Plata da Sociedade de Ilustradores de Nova York e o Premio Hans Christian Andersen no 2008.
Outras obras del son La niña de rojo, Rosa blanca, La casa, La historia de Erika e La comarca fértil, entre outras.


O motivo polo que nos decantamos por esta obra é a súa orixinalidade e estilo. As ilustracións son totalmente diferentes ó que estamos acostumados a ver nas aulas de infantil, xa que este atopámolo ambientado nos anos 20 de Londres.
Consideramos que é moi apropiado ensinarlle ó alumnado diferentes estilos de contos, que se comecen a interesar por outro debuxo distinto ó que ven a diario.
Con este álbum centrarémonos en aspectos como son as imaxes e o texto. No referente á vestimenta dos personaxes e o ambiente, se nas imaxes aparece información que non se narra  no texto, facendo unha comparación coa historia que nós coñecemos e analizando se a composición é pouco habitual en infantil.


No seguinte enlace podedes ler o libro:
E neste podedes ler outros libros do mesmo autor:


WEBGRAFÍA

http://es.wikipedia.org/wiki/Cenicienta



Arias López, María
Castiñeira López, María José
Díaz Armesto, Goretti

miércoles, 7 de mayo de 2014

CONFERENCIA DE XABIER P. DOCAMPO “LA LUZ Y LA SOMBRA DE LA PALABRA” DE LA ORALIDAD

 El pasado 10 de Abril de 2014 tuvimos el honor de contar con la presencia del reconocido escritor gallego Xabier P. Docampo.
Como comentaron nuestras compañeras/os, Xabier P. Docampo a parte de un reconocido escritor también es maestro, cuentacuentos, actor de teatro, guionista  y un promotor de la lengua y de la cultura gallega. Es un escritor que centra su literatura    hacia el público infantil y juvenil. Algunas de su obras son: O misterio das badaladas(1986); Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986); Cando petan na porta pola noite (1994), estas son algunas das obras que recordamos leer cando eras pequeña. Tiene obras más actuales como: Un conto de tres noites (2001); Bolboretas (2004), A decisión de Valerio (2005) o Mans (2011).

Xabier P. Docampo cuando comenzó la conferencia lo hizo con esta frase “La luz y la sombra de la palabra”, con ella nos dice que la oralidad forma parte del proceso de desarrollo de los niño/as.
También nos contó que él aprendió a leer de pequeño en su casa con un periódico y que por ese motivo comenzó la escuela antes de que tuviera la edad obligatoria para asistir a ella. En cambio, en la actualidad los padres quieren que sus hijos/as aprendan todo en el colegio. 
Antiguamente,  hacia la noche alrededor del fuego los mayores contaban historias, cuentos, leyendas, etc…, para que se siguieran contando durante toda la vida y no se perdieran. Esto se fue perdiendo a lo largo de la historia con la llegada de la televisión, porque se consideraba que contaba cosas más interesantes que las historias, cuentos, etc… que contaban ellos.
La oralidad es muy importante que se trabaje con los niños/as desde edades muy tempranas, ya que ayuda a crear al lector literario. Por eso es primordial que se empiece desde la familia, que se lea literatura infantil o historias que les contaran sus antepasados,  a sus hijos/as y no esperar a que se lo lean cuando lleguen a la escuela.
Los cuentos nos ayudan a  ampliar nuestros conocimientos, a crear un mundo interior, a ponerle el nombre correcto a las cosas, a crear un pensamiento propio, a tener en cuenta a los demás, a saber escuchar, etc.
Por eso como futuras docentes de Educación Infantil consideramos que es muy importante que el alumnado desde un principio se sienta atraído por la literatura infantil y para eso debemos de narrárselo de manera que les resulte atractiva a ellos y con ellos contribuimos al desarrollo de la imaginación y fantasía de los niños/as.  Y como bien dijo Xabier P. Docampo “Cualquier cuento contado al niño/a le provoca felicidad y sueños” y “No hay nada que le fasciné más a un niño/a que le cuenten un cuento en el colegio”.

A continuación queremos añadir un cuento que nos contaban nuestros abuelos cuando éramos pequeñas. Este se titula “As tres perras chicas”.

Chegou un día ó ceo e cando chegou, San Pedro díxolle:
-        Non, ti non podes pasar porque non fixeches ninguna boa obra.
-        Como que non? Deille tres perras chicas unha vez a un pobre.
E San Pedro foi falar co Noso Señor haber se o deixaba pasar.
-        E qué fixo bo? – Díxolle o Noso Señor.
-        Deulle tres perras chicas a un pobre.- Contestou San Pedro.
-        Máis nada? Pois logo devólvelle as tres perras chicas e que marche para o inferno.

Para finalizar solo darle las gracias a Xabier P. Docampo por compartir ese tiempo con nosotros y hablarnos con toda franqueza sobre la importancia de la oralidad.





Arias López, María
Castiñeira López, Mª José

Díaz Armesto, Goretti

martes, 6 de mayo de 2014

A carapuchiña vermella máis abstracta de todos os tempos





O álbum que tratamos neste blog titúlase “Caperucita roja” da editorial Kókinos. Conta a historia de “ Carapuchiña vermella”, unha das que máis versións existen. A primeira versión que coñecemos é a recollida por Charles Perrault, escritor francés, principalmente recoñecido por dar forma literaria aos contos clásicos infantís coma " Caperucita Roja" e "El gato con botas", atemperando en moitos casos a crueza das versións orais. A segunda versión da que se nutre o conto que eliximos é a dos irmáns Grimm e a última versión é a do novelista e autor de contos británico, famoso como escritor para nenos e adultos, Roald Dahl. Entre os seus libros máis populares están "Charlie y la fábrica de chocolate", "James y el melocotón gigante", "Matilda" e " Las brujas"e "Relatos de lo inesperado".


Retomando a versión que estamos tratando neste blog, dicir que cando falamos dos irmáns Grimm, referímonos os escritores alemáns Jacob Grimm (1785-1863) e Wilhelm Grimm (1786-1859). Estes dous irmáns son coñecidos polos seus contos infantís e tamén polo "Diccionario alemán", as "Leyendas alemanas", a "Gramática alemana" a "Mitología alemana" e "Cuentos de la infancia y del hogar" (1812-1815).  Este último destaca por ser unha gran colección de contos recollidos de diferentes tradicións, a miúdo coñecida como "Los cuentos de hadas de los hermanos Grimm". 

Neste álbum coma ilustradora cabe destacar a Kveta Pacovská, unha pintora, escultora e ilustradora nacida en Praga no ano 1928. Comezou coa ilustración de contos infantís pola súa gran virtude co debuxo e polo intento de compartir ilustracións creativas cos seus fillos.

Gañou o premio  Hans Christian Andersen en 1992 e as súas obras máis destacadas son: “El pequeño rey de las flores” (1991); “ Teatro de Medianoche” (1992); “Hasta el infinito”(2008) e a nosa obra, a cal reflectimos neste blog ,“ Caperucita Roja” (2008).

Nós, coma futuras mestras de Educación Infantil, eliximos este álbum ilustrado pola súa orixinalidade, creatividade e atrevemento de ilustracións novidosas nun conto tradicional, xa que lle da unha renovación  á historia, embelecéndoa e espertando o gusto pola arte e  a abstracción nos nenos e nenas.



Webgrafía:




Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba


Palabras cheas de significado e historias inquedantes



Xabier P. Docampo naceu no ano 1946 en Rábade (Lugo) e trasladouse posteriormente a vivir á Coruña, onde estudou bacharelato e maxisterio. Grazas á charla que nos deu puidemos coñecer un pouco máis o traballo deste home polifacético. Ademais de ser escritor, traballou como mestre en varios colexios, durante oito anos en Preescolar na Casa e estivo sempre relacionado cos movemento de renovación pedagóxica. Pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación, deu cursos a profesores e ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación na escola e na sociedade, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra.

A charla encamiñouna a falar da importancia da oralidade, tanto na escola como nas familias. De feito, partindo da súa experiencia persoal, afirmou que se hoxe era escritor era grazas ao seu avó que de pequeno lle contaba infinidade de historias. Falando da importancia que tiña no pasado a oralidade e as historias contadas de xeración en xeración e de boca en boca, non puido evitar facer referencia á importancia que hoxe teñen os medios de comunicación. Segundo él, coa chegada do televisor os vellos deixan de contar historias posto que consideran que o que se narra no televisor é máis interesante que o que eles poden aportar.

Nós, ao igual que Xabier Do campo, consideramos o acto de leer e escribir como realmente enriquecedores, aos que se lle debe dar maior importancia en educación infantil. Con isto non estamos dicindo que os pequenos e pequenas teñan que aprender a leer e a escribir no segundo ciclo de infantil. Nós defendemos que isto se realice respetando o ritmo de cada alumno e alumna, cando se sintan seguros para que a experiencia sexa realmente enriquecedora. Outra cousa que defendemos, e na que coincidimos con este escritor, é que debemos de intentar levar a literatura ás escolas para darlle a coñecer aos máis pequenos e pequenas o amplo abanico de libros e historias das que poden gozar. Debemos de intentar atopar unha literatura infantil de calidade, tanto no referente ao texto como ás ilustracións e elixir as obras con gusto estético, alonxándonos do máis convencional que en ocasións non invita aos pequenos e pequenas a imaxinar nada. Os contos segundo Xabier do Campo conteñen toda a sabiduría, ademáis de axudar a poñer nome aos sentimentos, a atoparnos a nós mesmos, a identificarnos cos persoaxes e así superar certos medos… Temos que converter aos alumnos e alumnas en drogodependentes, na procura de cousas que meter na alma, de palabras cheas de significado e de historias inquedantes.

            Logo de rematar a conferencia impartida por Xabier Docampo, todas e cada un dos membros do grupo voltou a súa mirada ao pasado con certa morriña. Todas recordamos a cantidade de contos lendas e cantigas que nos contaban os nosos avós, bisavós ou calquera vello do pobo que era coñecido pola súa facilidade orando. Resultounos enriquecedor compartir e contar ao grupo as diferentes experiencias de tradición oral que tiveramos ao longo da nosa infancia. Destacamos entre estas a lenda da Cova da Serpe  e o conto da Raposa e a aiga.

A lenda da Cova da Serpe

Vamos facer referencia á lenda da Cova da Serpe que garda relación coa fortaleza de San Paio de Narla en Friol. Berta, era filla dos donos da Fortaleza e gustáballe moito montar a cabalo. Ela tiña un criado que lle preparaba o cabalo coa súa montura, o seu zurrón, os seus estribos e o freo. Entón ela un día monta no cabalo e marcha a dar un paseo, pero con tan mala sorte de que o cabalo está enfadado, enfurecido, empeza a correr, desbocase e finalmente acaba tirándoa. Cerca disto atopábase o mancebo que lle coidaba o cabalo para socorrela e tan ben a socorre que acaban facéndose noivos. Loxicamente ao decatarse seu pai, o Señor Vasco das Seixas, propietario da Fortaleza, empezan as persecucións por parte da servidume que el tiña ao seu servicio. Ante tanta persecución e vendo que os servos ían ser castigados, os dous namorados deciden fuxir. Refúxianse nun monte e pasan alí o día como dous namorados, pero ao chegar a noite teñen medo, atopan unha cova e abéiranse nela. Con tan mala sorte que a cova era o tobo dunha serpe, que intenta morder a Berta pero o criado deféndea. Finalmente morre o criado e a serpe entrenzada ao seu pescozo. A partir de aí Berta regresa ao castelo desolada sen o seu amor. De aí o seu nome ao monte, a Cova da Serpe.
Lenda extraída da comarca de San Paio de Narla (Friol). Narrada por Francisca Abuín.


O conto da raposa e a aiga

            Era, a raposa e unha aiga e foron a unha voda ao ceo, entón a aiga tiña que levar a raposa, a raposa ía enriba dela e marcharon para aló. Entón chegou a un sitio que a aiga cansou e díxolle:
-          Eu non podo máis, téñote que tirar
-          Vai tirando, vai tirando
Foron indo e díxolle de novo:
-          Tírame encima daquel palleiro de palla que se ve alí (dende arriba pareceulle que era un palleiro de palla).
Cando chegou alí tirouna e dixo a raposa:
-          Si de esta me salvo e non morro non quero máis vodas no ceo!
E cando baixaba cerca, en vez de ser un palleiro de palla era unha pena, e díxolle a raposa:
-          Escapa pena que te esfacho.
Pero quen se esfachou foi ela contra a pena.
Conto extraído da comarca de Navia de Suarna. Versión narrada por José Luís Asenjo Digón

Como futuras mestras de Educación Infantil debemos saber da importancia de dar a coñecer aos nosos cativos e cativas a literatura de tradición oral. Estas lendas, cantigas e contos resultan enriquecedores, xa que podemos dicir que se mesturan diferentes mundos, o natural e naturalizado coa inventiva e a imaxinación de cada quen. Entendemos que a oralidade nos ofrece unha lección de vida, na que se intercala o social co económico, o real co marabilloso, o escatolóxico co sentimental e coa alegría de recordar e ao mesmo tempo de compartir ese recordo. A característica máis enriquecedora da oralidade resulta ser a súa orixinalidade, espontaneidade e  invención, variando constantemente en cada transmisión. Non se conta cas mesmas palabras, nin xiros, transmítense conceptos, deixando que cada quen desenvolva a súa propia expresión estilística. Cando sexamos mestras, ao igual que Xabier P. Docampo, apostaremos pola oralidade, ensinar contando historias que transmitan valores para a vida.


Blanco Piñeiro, Noelia 
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina 
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba

martes, 29 de abril de 2014

"A palabra escrita non é máis ca sombra da palabra"


Contar con autores gallegos tan geniales como Xabier P. Docampo en el panorama literario actual es todo un honor para nosotras y para nuestra lengua. Pero si además podemos asistir a una charla donde empaparnos de su gran ingenio, eso es formar parte de la historia. Todas recordamos leer con gran expectación libros como O misterio das badaladas o Cun ollo aberto e outro sen cerrar, y a través de esos recuerdos, nos damos cuenta de la pequeña huella que este rabadense dejó en nuestra infancia.
Docampo, además de escritor, guionista, actor de teatro, cuentacuentos; también es maestro y, será que la profesión se lleva por dentro, pero el caso es que su constante preocupación por la lectura en la primera infancia, pone de manifiesto su vocación de enseñar, pero sobre todo de introducir a los más pequeños/as en el maravilloso mundo de la literatura. Nos habló de la importancia de la literatura de tradición oral, de la importancia de aprender a hablar y practicar el habla a partir de la oralidad: poesías y rimas, canciones, cuentos sencillos... Y también del hábito lector, y de la responsabilidad, como maestras, de realizar una buena selección de Canon en nuestra biblioteca de aula o de centro, que satisfaga las necesidades de los niños y niñas y que les estimule su imaginación y su creatividad y en definitiva, como dijo Xabier, que les ayude a crecer.
A partir de esta reflexión de la importancia de la oralidad en la infancia y también de la gran presencia de literatura de tradición oral en nuestra Comunidad, escogimos una pequeña leyenda que nos contaron a una de nosotras de pequeña, y dice así:
Cuando era pequeña solía ir todos los veranos a un pueblo de la provincia de Ourense llamado Castro Caldelas. En el pueblo, había un castro en el que estaba situado gran castillo donde pasaba horas y horas jugando con mis primas. Fantaseábamos con ser princesas de aquel reinado y disfrutábamos soñando con ello. Un día, mi tía se acercó a nosotras y nos preguntó si sabíamos porque se llamaba así el pueblo y el castillo, nosotras, asombradas le respondimos que no y comenzó a contarnos la leyenda...
 
"Cuenta la leyenda que hace muchos, muchísimos años, un rey vivía con sus tres hijas en el Castillo del reinado de Ourense. Un día un valiente y apuesto joven, acudió al Castillo a pedirle al rey la mano su hija. El rey muy enorgullecido le preguntó:
- Cal delas?"
Y de ahí quedó el nombre del Castillo de Castro Caldelas".


Bouso González Sara
Castro Colmenero María
González Chaín Arancha

lunes, 28 de abril de 2014

Conferencia Xabier P. do Campo "El oral fascina, lo escrito perdura"


     Los alumnos de la Facultad de Formación del Profesorado de Lugo tuvimos el honor de contar el pasado 10 de Abril de 2014 con la presencia del famoso escritor gallego, Xabier P. do Campo, quien pudo acercarnos un poco más al mundo de la literatura oral y su gran importancia en los centros educativos.





     Antes de comenzar a exponer lo más destacado del contenido de la charla, nos gustaría presentar brevemente al protagonista de la misma, el maestro y escritor Xabier do Campo, nace en Rábade (Lugo) en 1946, famoso por su gran compromiso con la lengua y la cultura gallega, escribe obras orientadas a público infantil o juvenil, entre las que podemos destacar Misterio das badaladas (1986), O país durminte (1993), O pazo baleiro (1997), Os ollos de Ramón (2001)…entre muchas otras, llegando a ganar el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 1995 por su novela Cando petan na porta pola noite.




      Xabier do Campo comienza su ponencia con una frase que debemos destacar “La luz, es la sombra de la palabra”, con esta breve afirmación, el literato revela que la oralidad está íntimamente unida al proceso de desarrollo del niño.

      El lenguaje oral es un instrumento que ha de nutrir desde un principio el oído del niño. Desde la primera etapa de infantil ya se tendrán que ir creando situaciones donde poco a poco se vaya potenciando la adquisición del habla y para ello la mejor forma sería mediante canciones, rimas,  pequeños cuentos… Deberemos fomentar el gusto y el entusiasmo por la oralidad intentando que así vayan sintiendo interés por la lectura, tal como afirmó el ponente “crear lectores en el aula es crear lectores literarios”.

    Entre nuestras funciones docentes, está la de intentar que desde un primer momento el niño se sienta atraído y perplejo ante una historia o cuento, por lo que tendremos que dotarnos de seguridad y narrarlo de forma que estimule y que se acerque al niño; de manera que  contribuya al desarrollo de la imaginación y fantasía tan necesario en esta etapa para la felicidad del niño y para la creación de su propio mundo interior, en propias palabras de Xabier P. do Campo: “contar cuentos hace feliz a los niños”.

    El contacto con el cuento no solo ayudará a crear una amplia visión del mundo sino que también dará lugar a la diversión y a la entrada en comunicación con los propios niños, sirviendo también para comprender y superar problemas y situaciones difíciles.
Por lo tanto la finalidad y la esencia de la oralidad no es solo la de entretener sino que también servirá tanto para comunicar, transmitir como para reforzar el grupo.

    La charla de Xabier P. do Campo nos hizo remover recuerdos de nuestro mundo interior, trasladándonos a aquellos cuentos que influyeron en nosotros. Tras un breve coloquio grupal en dónde las integrantes pusimos en común nuestras experiencias, destacamos sobre todo la forma que nuestros familiares o maestros que nos transmitían aquellos cuentos infantiles clásicos o inventados que fueron pasando de generación en generación, introduciéndonos en un mundo fantástico, lleno de sonoridad, presente en la tradición oral. Sin duda la forma de contar un cuento, es su propia esencia, y la oralidad el telón de fondo sobre el que se asienta la cultura.

 Para concluir destacamos las palabras de Xabier P. do Campo “lo oral fascina, lo escrito perdura”


Fernández García, Lydia
López Santamarina, Ainhoa
Ónega Tellado, Tamara