Xabier P. Docampo naceu
no ano 1946 en Rábade (Lugo) e trasladouse posteriormente a vivir á Coruña,
onde estudou bacharelato e maxisterio. Grazas á charla que nos deu puidemos
coñecer un pouco máis o traballo deste home polifacético. Ademais de ser
escritor, traballou como mestre en varios colexios, durante oito anos en
Preescolar na Casa e estivo sempre relacionado cos movemento de renovación
pedagóxica. Pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación,
deu cursos a profesores e ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e
a literatura, sobre a lectura e a súa implantación na escola e na sociedade, sobre
a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a
súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra.
A charla encamiñouna a
falar da importancia da oralidade, tanto na escola como nas familias. De feito,
partindo da súa experiencia persoal, afirmou que se hoxe era escritor era
grazas ao seu avó que de pequeno lle contaba infinidade de historias. Falando
da importancia que tiña no pasado a oralidade e as historias contadas de
xeración en xeración e de boca en boca, non puido evitar facer referencia á
importancia que hoxe teñen os medios de comunicación. Segundo él, coa chegada
do televisor os vellos deixan de contar historias posto que consideran que o
que se narra no televisor é máis interesante que o que eles poden aportar.
Nós, ao igual que Xabier
Do campo, consideramos o acto de leer e escribir como realmente enriquecedores,
aos que se lle debe dar maior importancia en educación infantil. Con isto non
estamos dicindo que os pequenos e pequenas teñan que aprender a leer e a
escribir no segundo ciclo de infantil. Nós defendemos que isto se realice
respetando o ritmo de cada alumno e alumna, cando se sintan seguros para que a
experiencia sexa realmente enriquecedora. Outra cousa que defendemos, e na que
coincidimos con este escritor, é que debemos de intentar levar a literatura ás
escolas para darlle a coñecer aos máis pequenos e pequenas o amplo abanico de
libros e historias das que poden gozar. Debemos de intentar atopar unha
literatura infantil de calidade, tanto no referente ao texto como ás
ilustracións e elixir as obras con gusto estético, alonxándonos do máis
convencional que en ocasións non invita aos pequenos e pequenas a imaxinar
nada. Os contos segundo Xabier do Campo conteñen toda a sabiduría, ademáis de axudar
a poñer nome aos sentimentos, a atoparnos a nós mesmos, a identificarnos cos
persoaxes e así superar certos medos… Temos que converter aos alumnos e alumnas
en drogodependentes, na procura de cousas que meter na alma, de palabras cheas
de significado e de historias inquedantes.
Logo de
rematar a conferencia impartida por Xabier Docampo, todas e cada un dos membros
do grupo voltou a súa mirada ao pasado con certa morriña. Todas recordamos a
cantidade de contos lendas e cantigas que nos contaban os nosos avós, bisavós
ou calquera vello do pobo que era coñecido pola súa facilidade orando.
Resultounos enriquecedor compartir e contar ao grupo as diferentes experiencias
de tradición oral que tiveramos ao longo da nosa infancia. Destacamos entre
estas a lenda da Cova da Serpe e o conto da Raposa e a aiga.
A lenda da Cova da Serpe

Lenda extraída da comarca de San Paio de Narla (Friol).
Narrada por Francisca Abuín.
O conto da raposa e a aiga

-
Eu
non podo máis, téñote que tirar
-
Vai
tirando, vai tirando
Foron indo e díxolle de novo:
-
Tírame
encima daquel palleiro de palla que se ve alí (dende arriba pareceulle que era
un palleiro de palla).
Cando chegou alí tirouna e dixo a raposa:
-
Si
de esta me salvo e non morro non quero máis vodas no ceo!
E cando baixaba cerca, en vez de ser un palleiro de palla era unha pena, e
díxolle a raposa:
-
Escapa
pena que te esfacho.
Pero quen se esfachou foi ela contra a pena.
Conto extraído da comarca de Navia de Suarna. Versión
narrada por José Luís Asenjo Digón
Como futuras mestras de Educación Infantil debemos saber
da importancia de dar a coñecer aos nosos cativos e cativas a literatura de
tradición oral. Estas lendas, cantigas e contos resultan enriquecedores, xa que
podemos dicir que se mesturan diferentes mundos, o natural e naturalizado coa
inventiva e a imaxinación de cada quen. Entendemos que a oralidade nos ofrece
unha lección de vida, na que se intercala o social co económico, o real co
marabilloso, o escatolóxico co sentimental e coa alegría de recordar e ao mesmo
tempo de compartir ese recordo. A característica máis enriquecedora da
oralidade resulta ser a súa orixinalidade, espontaneidade e invención, variando constantemente en cada
transmisión. Non se conta cas mesmas palabras, nin xiros, transmítense
conceptos, deixando que cada quen desenvolva a súa propia expresión
estilística. Cando sexamos mestras, ao igual que Xabier P. Docampo, apostaremos
pola oralidade, ensinar contando historias que transmitan valores para a vida.
Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba
No hay comentarios:
Publicar un comentario