O álbum que tratamos neste blog titúlase
“Caperucita roja” da editorial Kókinos. Conta a historia de “ Carapuchiña
vermella”, unha das que máis versións existen. A primeira versión que coñecemos é a recollida por Charles Perrault, escritor francés, principalmente recoñecido por dar forma literaria aos contos clásicos infantís coma " Caperucita Roja" e "El gato con botas", atemperando en moitos casos a crueza das versións orais. A segunda versión da que se nutre o conto que eliximos é a dos irmáns Grimm e a última versión é a do novelista e autor de contos británico, famoso como escritor para nenos e adultos, Roald Dahl. Entre os seus libros máis populares están "Charlie y la fábrica de chocolate", "James y el melocotón gigante", "Matilda" e " Las brujas"e "Relatos de lo inesperado".


Gañou o premio Hans
Christian Andersen en 1992 e as súas obras máis destacadas son: “El pequeño rey
de las flores” (1991); “ Teatro de Medianoche” (1992); “Hasta el
infinito”(2008) e a nosa obra, a cal reflectimos neste blog ,“ Caperucita Roja”
(2008).
Nós, coma futuras mestras de Educación Infantil, eliximos
este álbum ilustrado pola súa orixinalidade, creatividade e atrevemento de
ilustracións novidosas nun conto tradicional, xa que lle da unha
renovación á historia, embelecéndoa e
espertando o gusto pola arte e a
abstracción nos nenos e nenas.
Webgrafía:
Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba
No hay comentarios:
Publicar un comentario