martes, 20 de mayo de 2014

“El pez que sonreía”, o eterno sorriso.


O álbum que vos queremos presentar leva como título El pez que sonreía, o seu autor e ilustrador é Jimmy Liao, e a súa editora Barbara Fiore, no ano 2010. É un álbum que nos invita á reflexión a partir da historia dun home que se decata de que o seu peixe nunca vai a ser feliz senón é libre, a pesar do seu sorriso.

 Jimmy Liao é un autor Taiwanés, nacido en 1958. Despois dunha vida practicamente dedicada á publicidade, Jimmy Liao sofre unha dura enfermidade, a leucemia, que logra superar, o que fai que se volva a formular o sentido do seu futuro. 

A súa gran paixón era o debuxo, polo que aos 40 anos decide cambiar o rumbo da súa vida, deixar o seu traballo e dedicarse plenamente a escribir e debuxar as súas propias obras, destinadas tanto ao público infantil como ao público adulto. Tras as súas primeiras publicacións, Secretos en el Bosque (1998), e El pez que sonreía (1998), Jimmy Liao comezou a tomar transcendencia neste mundo e en diversos países, as súas obras están traducidas a múltiples idiomas, e foron adaptadas a diversos medios como albumes musicais, series de televisión, obras teatrais ou películas. Algúns dos albumes ilustrados a destacar deste autor son:  La noche estrellada, Esconterse en un rincón del mundo, ou El sonido de los colores.

Este álbum chamounos moito a atención para traballar en educación infantil principalmente polas súas ilustracións e o seu texto. O primeiro que vemos ao abrir un conto son os seus debuxos, que fan do álbum un bo recurso para afastarnos do mundo real e somerxernos no da nosa creatividade e imaxinación. Pois ben, El pez que sonreía, causa moi boas sensacións xa que as súas ilustracións caracterízanse por estar cheas dun cor azul moi acuoso. Son imaxes cheas de vida que falan por si solas e que se acompañan dun texto moi sinxelo, e mesmo nalgunha das súas páxinas prescinde totalmente do mesmo. 


Parécennos moi interesante empregar este tipo de albumes ilustrados en educación infantil posto que, como xa dixemos anteriormente, invítannos a reflexionar, a formar un criterio propio. A través de contos como o que presentamos podemos traballar na aula diferentes aspectos como o verdadeiro sentido da amizade; cuestións emocionais, tales como o significado que para nós ten a liberdade; a felicidade e o sorriso, etc. 

Enlaces de interese:

- Entrevista ao autor Jimmy Liao, dispoñible en:


- Curtametraxe baseada no álbum, dispoñible en:


Referencia bilbiográfica:

Liao, Jimmy (2010): El pez que sonreía: Barbara Fiore Editora
García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura

No hay comentarios:

Publicar un comentario