Como grupo de traballo pensamos que o mellor xeito de
achegar aos nenos e nenas de Educación Infantil ás diversas manifestacións da
literatura infantil é a través de libros pensados para eles, con diferentes
imaxes que cheguen a captar a súa atención e interese. Como futuras mestras
debemos aproveitar ese afecto fascinado dos nenos e nenas ante a contemplación
de imaxes para animar e espertar o seu interese lector. Aínda
que non o pareza, debemos deixar clara, a importancia que teñen as imaxes nos
libros para os nenos e nenas de idades moi temperás. Calquera imaxe pode chegar
a transmitir significados, contidos e mensaxes.
Os
libros ilustrados de gran formato son os coñecidos como álbums, sendo aqueles
primeiros libros de contido literario narrativo que os nenos e nenas poden ter
nas súas mans. Estes libros de gran formato son con frecuencia máis demandados
polos nenos e nenas de corta idade fronte aos libros de imaxes de formato máis
pequeno, que poden servir xa en preescolar como estímulo á lectura. Estes
xeralmente gozan de ilustracións de maior interese artístico que os de menor
formato e menor prezo, ademais dun posible estímulo para a lectura,
proporcionan aos máis cativos unha experiencia próxima ao goce estético. Esta
cuestión xoga un papel fundamental na educación da súa sensibilidade e no
desenvolvemento da súa capacidade para gozar das obras de arte gráfica e
pictórica, servindo de achega cara unha primeira educación artística.
Entre os álbums ilustrados que se nos presentaron
escollemos o conto de Caperucita Roja, dos irmáns Grimm con ilustracións de Kveta
Pacovská, do ano 2008,
editado por Kókinos en Madrid. A primeira versión do conto é de
Charles Perrault, quen recolleu a historia de tradición oral e a incluiu no ano
1697 nun volumen de contos que recibiu o nome de Historias e contos de tempos pasados. Esta primeira versión é mais
cruel, mostrando ao lobo máis feroz que devora a avóa de carapuchiña vermella e
que ten un pensamentos máis atravesados que na versión que manexamos. Adaptando
a versión dos Irmáns Grimm aparece Kveta Pacovská, mesturando unha adaptación do
texto deles con impactantes ilustracións
de vangarda.
No
referente ao texto, esta autora e artista respecta bastante a estructura da
versión dos Irmáns Grimm do ano 1812 e engade pequenas variacións. O tema
principal da historia sería que unha nena se arrisca a escoitar a un
descoñecido, se deixa persuadir e convencer polas súas palabras e acaba sendo
traicionada por él. Os subtemas que se poden extraer desta historia sería que
non se confíe nos descoñecidos, que se faga caso aos consellos da nai, o bosque
como lugar inseguro… No referente ás pequenas variacións destacamos que na
versión dos irmáns Grimm carapuchiña levaba na súa cesta un cacho de pastel e
unha botella de viño mentres que nesta versión que manexamos nós leva ademais
un tarro de mel. Outra variante que puidemos observar, e que nos chamou a
atención, fai referencia á expresión que emprega o lobo cando quere comer á
rapaza: na versión tradicional grita “es para comerte mejor” mentres que na
versión de Kveta Pacovská dí “es para tragarte mejor”.
O
novidoso deste álbum ilustrado son as imaxes, que deixan voar a imaxinación e
non gardan ningunha similitude coas que aparecen nos libros tradicionais. Estas
imaxes son reflexo da formación que recibiu Kveta Pacovská na Escola de Artes
Aplicadas de Praga onde entrou en contacto coas vangardas artísticas. Como se
pode observar neste libro as ilustracións gardan moita similitude coas obras de
artistas recoñecidos e de vangarda, primordialmente cubistas e expresionistas,
como son Paul Klee, Joan Miró ou Wasilly Kandinsky. Esta similitude pódese observar nas seguintes imaxes:
Ademáis de pintar tamén introduce a técnica do collage, que enriquece moito as ilustracións ao aportar tons e texturas diferentes. Esta mestura de diferentes técnicas é empregada en todas os seus libros infantís, como é o exemplo de Cincenta, O pequeno rei das flores ou A merenda.
Desta autora resaltamos a importancia que lle dá ás imaxes, considerando que a partir delas tamén se pode facer unha lectura da historia, pero dun xeito máis creativo e imaxinativo. Isto por exemplo é unha gran diferencia que atopamos con outros contos infantís onde se lle dá máis importancia ao texto e non se coida a estética das imaxes como un recurso máis para chamar a atención dos lectores.
Iustración de Kveta Pacovská |
Damunt Paper Ingres de Joan Miró |
En el óvalo claro de Wassily Kandinsky |
Ademáis de pintar tamén introduce a técnica do collage, que enriquece moito as ilustracións ao aportar tons e texturas diferentes. Esta mestura de diferentes técnicas é empregada en todas os seus libros infantís, como é o exemplo de Cincenta, O pequeno rei das flores ou A merenda.
Desta autora resaltamos a importancia que lle dá ás imaxes, considerando que a partir delas tamén se pode facer unha lectura da historia, pero dun xeito máis creativo e imaxinativo. Isto por exemplo é unha gran diferencia que atopamos con outros contos infantís onde se lle dá máis importancia ao texto e non se coida a estética das imaxes como un recurso máis para chamar a atención dos lectores.
Todas
coincidimos en que Kveta Pacovská é unha creadora de verdadeiras obras de arte.
As ilustracións gañan peso conforme se van pasando as páxinas e permiten que
deixemos voar a imaxinación para identificar todo o que se narra cos diferentes
debuxos e colaxes. Este tipo de libros que coidan a estética e que apostan pola
arte de vangarda son os que deben estar presentes nas aulas de educación
infantil.
Cando
lle contemos unha historia aos pequenos e pequenas debemos ser conscientes que as imaxes falan
por si soas e que non toda a información se transmite coas palabras e o
texto.
Bibliografía
Wensell, U. (2003). Cap. 7. La ilustración de textos literarios
dedicados a la infancia. En La comunicación literaria en las primeras
edades. (pp. 97-110). España: Ministerio de Educación, Subdirección General
de Información y Publicaciones.
Webgrafía
[05/05/2014]
http://algundiaenalgunaparte.files.wordpress.com/2011/01/caperucita-roja-hermanos-grimm.pdf [05/05/2014]
http://sobrinojavier.blogspot.com.es/2013/05/kveta-pacovska-un-museo-al-alcance-de.html [05/05/2014]
http://www.radio.cz/es/rubrica/cultura/kveta-pacovska-la-primera-dama-de-la-fantasia-infantil [05/05/2014]
Blanco Piñeiro, Noelia
Bustelo Novo, Natividad
García Armesto, Fermina
González Devesa, Mónica
Villarino Palmaz, Alba
No hay comentarios:
Publicar un comentario