Nesta entrada queremos presentarvos o álbum co que vamos
a traballar o noso grupo. O elixido foi A Cincenta de Perrault (autor) e
Innocenti (ilustrador), da editorial SM. Ámbolos dous, tanto autor como ilustrador
conseguiron crear unha magnífica obra.

Entre as súas obras podemos atopar o poema El siglo de Luis el Grande (1687) e Comparación entre antiguos y modernos
(1688). Máis tarde escribiu Cuentos de
mamá ganso, o cal significou o inicio dun novo estilo na literatura, os
contos de fadas. Este inclúe contos como Barba
Azul, O gato con botas ou As fadas, entre outros.
Morreu o 16 de maio do 1703.

Este ilustrou textos de autores como Hoffmann, Perrault,
Wilde, Gallaz ou Dickens, entre outros. Grazas as súas ilustracións obtivo
importantes premios como a Mazá de Ouro na Bienal de Ilustración de Bratislava,
a Medalla de Plata da Sociedade de Ilustradores de Nova York e o Premio Hans
Christian Andersen no 2008.
Outras obras del son La
niña de rojo, Rosa blanca, La casa,
La historia de Erika e La comarca
fértil, entre outras.

Con este álbum centrarémonos en aspectos como son as
imaxes e o texto. No referente á vestimenta dos personaxes e o ambiente, se nas
imaxes aparece información que non se narra no texto, facendo unha comparación coa
historia que nós coñecemos e analizando se a composición é pouco habitual en
infantil.
No seguinte enlace podedes ler o libro:
E neste podedes ler outros libros do mesmo autor:
WEBGRAFÍA
http://es.wikipedia.org/wiki/Cenicienta
Arias López, María
Castiñeira López, María José
Díaz Armesto, Goretti
No hay comentarios:
Publicar un comentario