O
alumnado de cuarto curso da Facultade de Formación do Profesorado, da USC
(Lugo), tivemos o inmenso pracer de recibir no salón de actos a Xabier Puente
Docampo o pasado 10 de Abril do 2014. Antes de comentar o que veu facer a nosa
Faculatde queremos contar un pouco moi por riba quén é.
Xabier
Puente Docampo é un profesor e escritor coñecido sobre todo polas súas obras
dirixidas ao público infanto-xuvenil. Naceu en Rábade (Lugo) o 5 de abril de
1946. Entre as súas obras atopamos:
- “Misterio das Badaladas” (1986), onde narra o misterio dun reloxo que da
ás doce trece badaladas e dun grupo de nenos en nenas que tratas de resolver o
misterio.
- “Bolboretas (2004) na que un neno descobre un xogo que consiste en cazar
unha bolboreta e metela na boca aguantando a respiración o máximo posible sen
facerlle dano, para a continuación deixala saír novamente. Técnica que lle
ensina a unha rapaza pasándolle a bolboreta de boca en boca.
Xabier Puente Docampo recibiu numerosos premios non so en España senón
tamén no estranxeiro como é "The White Ravens 2005" da
Jugendbibliothet de Munich.
Agora
que xa vos facedes unha idea de quen é, e da súa importancia no mundo da
literatura comentaremos algunha das cousas que máis nos chamou a atención da
súa charla sobre a literatura infantil e xuvenil.
A
charla comezou co cambio que sufriu a escola co paso do tempo. Antigamente era
o lugar ao que se acudía para aprender a ler, escribir, sumar, restar,
multiplicar e dividir. Pero agora é o sitio no que asentar determinadas
actitudes, é dicir, aprendemos a ler e a escribir para empregalas como
ferramentas para adquirir outros coñecementos. A función dos docentes debería
ser educar para a sabedoría e felicidade. E a lectura é o instrumento máis
próximo á sabedoría.
Antano eran as familias as que
contaban historias, contos, lendas, mitos, etc., pero coa chegada da televisión
moitas destas familias consideraron que esta conta un mundo máis marabilloso
que os seus relatos polo que as voces comezaron a silenciarse.
Segundo Xabier P. Docampo todo
pícaro que de pequeno escoitou historias, de maior será un adicto ás historias
como se de un drogodependente se tratase. Tamén comentou que as familias en xeral,
delegan moitas responsabilidades nas escolas (adeus a literatura de tradición
oral) e que esta se ve obrigada a asumir cada vez máis responsabilidades, pois
debe recoller todo o que a sociedade considera importante para o alumnado, isto
inclúe a literatura. Pero os centros educativos non deben darlle importancia a
oralidade e a literatura por unha razón "ecoloxista" para evitar que
se perda, senón pola súa importancia, polo que aporta e o que aprendemos dela.
A oralidade dun conto fascina,
por este motivo aos nenos e nenas cando son pequenos lles encanta escoitar
contos, e non só iso, senón que tamén queren escoitar unha e outra vez o mesmo
conto e que se lles conte do mesmo xeito. Por outra banda, o escrito fai
perdurable o narrado. A oralidade dende un punto de vista didáctico axuda a
crear ao lector literario.
O ideal sería
"desescolarizar" a literatura infantil e xuvenil e trasladala ao
ámbito familiar, pero é a escola quen ten a función de formar ao lector, polo
que o mellor lector literario debe ser o mestre ou a mestra. Os docentes atopan
nos contos un gran recurso que axuda ao alumnado a medrar, a sedimentar nel
cada vez máis coñecementos e sabedoría, a poñer nome as cousas e sentimentos, a
transgredir, a crear un coñecemento diverxente, a ter en conta aos demais e a
escoitar. Por todo isto que nos transmitiu o Sr. Xabier P.Docampo, e o que
aprendemos queremos agradecerlle a súa visita e esperamos que as vindeiras
xeracións teñan a oportunidade de asistir a unha das súas charlas.
Dada a importancia das historias de tradición oral, gustaríanos facer un balance de todas aquelas que os nosos avós nos contaban. Algunhas delas son:
- Había un can que non tiña casa e polo inverno tiña moito frío e dicía: “brrrrr…que frío fai, cando veña o verán vou facer unha casa”, pero cando chegaba o verán, coa lingua de fóra, dicía: “ para que quero casa!, queima o sol que abrasa!”, e así ano tras ano, sucesivamente.
- Había unha vez unha formiga moi traballadora que todo o verán recollía comida para non pasar fame no inverno e a súa amiga a cigarra ríase dela porque botaba todo o verán traballando e ela non facía nada. Pero cando chegou o inverno a formiga tiña que comer e a cigarra non, e andaba deambulando e morrendo de fame, entón a formiga acolleuna na súa casa e compartiu con ela a súa comida, dende entón a cigarra aprendeu a non rirse de ninguén máis e a traballar máis.
- Unha vez un raposo atopouse con unha cegoña, e invitouna a comer a súa casa. Cando a cegoña chegou a casa do raposo este tiña feitas unhas papas, entón o raposo derramounas por unha pena abaixo. A cegoña co seu peteiro non podía comer os grans de arroz, pero o raposo coa súa lingua recollía todos os grans e comía perfectamente todas as papas. Entón a cegoña díxolle ao raposo que lle debía unha comida e que por tanto o levaría as festas ao ceo. O zorro subiuse a cegoña e esta empezou a voar. Cando ían ben arriba a cegoña deixou caer ao raposo, para vingarse del. O raposo mentres caía viu un palleiro e dixo: “rabo guiadeiro, guíame para aquel palleiro, que se desta saio nunca ás festas ao ceo non volvo”. O raposo caeu encima do palleiro e quedou espetado no pau.
Pensamos que estas lendas, contos ou fábulas, contadas
oralmente, son moi importantes na educación infantil porque dun xeito ameno,
lúdico, sinxelo e claro transmiten aos nenos e nenas valores morais,
imprescindibles para o desenvolvemento da personalidade e a aprendizaxe verbal.
Así mesmo, estas historias e lendas, propician que os nenos e nenas vaian
aprendendo palabras antes de saber ler.
Nos últimos tempos, esta literatura de tradición oral
estase a perder, sobre todo no seo familiar, en certa medida debido ao uso
excesivo das novas tecnoloxías. Por este motivo, consideramos que é moi
importante darlle un lugar destacado e fomentar este tipo de literatura dentro
da escola.
Webgrafía:
Alumnas de 4º Grao Facultade de Formación do Profesorado da USC (Lugo)
García Urrabieta, Rocío
González Villarmea, Marta
Raposo Corredoira, Jéssica
Rego Conde, Laura
No hay comentarios:
Publicar un comentario